jueves, 31 de mayo de 2018

XOVES 31 de MAIO do 2018

Un programiña máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia, concretamente con San andrés de Teixido, para falarmos con Jorge Bellón, un artesán que nos pon ao corrente das súas creacións con miga de pan (moi tradicionais e interesantes) e tamén nos fala do "Curro da Capelada" que este próximo domingo se realizará naquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda comunicación-conversa é coa nosa admirada e benquerida amiga MERCHI ALVAREZ, que nos pon ao corrente das ultimas presentacións dese libro "Galicia un país de primeira" e que está a ter un éxito importante alá onde se realiza. A recadación das ventas irá integramente á investigación sobre a AME. Tamén nos fala doutras cousas interesantes.

Despois, na segunda hora, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos ten preparada a súa intervención chea de novidades interesantes comezando cos seus "Me Ghustan e Non me Ghustan, cheos de rabiosa actualidade. Despois sempre nos agasalla cunha ilustración referente a algunha das cousas que tratamos no programa. Nesta ocasión é algo relacionado coa perda dos nomes galegos que ultimamente estanse a usar pouco.

E finalizamos conversando con Santi Caramés, Chef do Restaurante de Vila de Cruces CASA Don Din, que nos fala do Galo de curral e do Galo de raza Mos, que eles mesmos crían. Tamén aproveitamos para que nos informe das ofertas que se poden degustar no seu Restaurante. En vindeiras datas tentaremos voltar a falar con Santi, para que nos siga informando.

Esta fin de semana convidámolos a que se acheguen ao Parc de Can Mercader, en Cornellà, que terán Festa Galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, e poderán degustar productos galegos de calidade e disfrutar do Concerto Celta de Susana Seivane o venres día 1 de xuño. O sábado e domingo terán a posibilidade de disfrutar coas actuacións tradicionais e folklóricas dos diferentes Grupos de Gaita e Danza galega, ademais das verbenas con dúas orquestras, xunto coa despedida con queimada gratuita para todos e fogos de artificio como remate de Festa. A vindeira semana máis, e se podemos, mellor. Que pasen unha feliz semana.

jueves, 24 de mayo de 2018

XOVES 24 de MAIO do 2018

Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha pequeniña peza musical para conectar con JORGE PRADA MERAYO, un gaiteiro e Profesor de música afincado en Ponferrada, que ademais á componente do Grupo Folk "Rapabestas" e dos "Templarios de OZA". Falamos da súa traxectoria e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente.

A segunda conversa é con XURXO SALGADO, que é directivo do Xornal Dixital en galego, que acaban de inaugurar o pasado día 17 de Maio (Día das Letras Galegas 2018) xunto con outros dous xornais dixitais máis, baixo o soporte de galiciadixital e que se chama xornaldelemos.gal. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.

Seguimos con entrevistas e nesta ocasión poñémonos en contacto con RAUL VELASCO SÁNCHEZ, Coordinador e Presidente do Xurado do "II Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas" da Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí. Fálanos da grande participación e afluencia de autores que enviaron as súas creacións. Aproveitamos para felicitalo e desexarlles moitos éxitos e continuidade nesta tarefa tan interesante.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? da que nos fai partícipe cos seus Me Ghustan en Non Me Ghustan, moi relacionados coa realidade social da zona e Galicia en xeral. Tamén nos aporta a súa creación pictórica, en forma de viñeta, que fai referencia á algunha parte das intervencións da emisión de hoxe. Concretamente unha anédocta que nos comentou o seguinte convidado e que nós aproveitamos para colgar e comapartir cos nosos oíntes e seguidores.

Continuamos con entrevistas e nesta ocasión achegámonos novamente a Galicia para falar con don ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor en lingua galega, nado en Xinzo da Limia. Fálanos da súa traxectoria creativa e coméntanos algunha anécdota curiosa, que o noso colaborador Xosé Manuel aproveita para ilustrala. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale de máis cousas relacionadas coa súa escrita.

A última conversa-entrevista é con SUSANA SEIVANE, a gaiteira internacional que nos recibe moi amablemente e que nos adianta parte dalgunha sorpresa que ten preparada para agasallarnos no Concerto que realizará o vindeiro día 1 de XUÑO no Par de Can Mercader de Cornellà, baixo o patgrocinio da A.C.G.Roslía de Castro. Convídanos a que nos acheguemos ese venres a disfrutar da súa actuación e da música que interpretará nesa noite máxica de Folk galego.

jueves, 17 de mayo de 2018

XOVES 17 de MAIO do 2018

Un novo programa con todos vostedes. Hoxe un pouco "alterado" con algo de retraso por mor de certos arranxos técnicos, pero saímos en antena para conectar directamente con LUCÍA PEREZ, para felicitala pola súa ultima publicación: "Quince Soles", que acaba de presentar en Vigo, onte concretamente. Unha conversa moi engaiolante e coa que nos convida a disfrutar dese seu novo traballo, que representa moitas cousas da súa traxectoria persoal, e que ademais é totalmente en galego. Unha obra na que colaboran grandes artistas e músicos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


A segunda intervención é a de don JOSÉ ANTONIO FERREIRO PALACIOS, da "Granxa-Finca Villadangos", gandeiro que se adica á cria de vacas e tenreiros da Raza Rubia Galega. Unha conversa na que nos fai partícipes do seu traballo diario e dos trofeos acadados cos seus exemplares en diferentes feiras e exposicións de grande prestixio. Desexamos que siga acadando máis éxitos.


Despois, tentando celebrar con todos vostedes, oíntes e seguidores, a "Festa das LETRAS GALEGAS 2018", ofrecémoslle a lectura dun dos poemas que nos envía a  nosa poeta-pastora e amiga NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, adicada ao noso idioma galego, que nos titulamos "as cores do galego".
Damos a coñecer unha información que nos facilitaron dende a Universidade de Barcelona, que ten moito que ver coa celebración dunha conferencia que impartirá mañá mesmo dona CARME ADÁN, baixo o título: "Violencia e Patriarcado": Aquí vos deixamos o cartel informativo. E para finalizar conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un pequeno percorrido cos seus ME GHUSTAN e Non me Ghustan, moi interesantes. Agradecémoslle a súa colabroación semanal e despedímonos ate a vindeira semana. ¡Que sexan Felices!

jueves, 10 de mayo de 2018

Xoves 10 de MAIO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe un bocadiño retrasados por mor do directo nas novas instalacións, que aínda estamos en probas pero con moitas ganas de que todo saia ben. Dámoslle a benvida a IVAN CONDE Estudante na Universidade de Barcelona, que nos visita nos estudos. Está a facer un traballo de investigación sobre os medios de comunicación galega en Cataluña. Agradecémoslle que participe connosco na emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar con dona OBDULIA CASTIÑEIRA, cociñeira do "Restaurante Casa do Labrego" de Baamonde - Terra Chá - Lugo. A conversa xira arredor dese gran restaurante que ten moita clientela e moita afluencia pola calidade dos produtos que sirven e pola excelente atención. 

Despois conectamos con XABIER MOURE, Arqueólogo lucense que nos atende moi amablemente a fálanos da súa tarefa altruista relacionada co patrimonio galego e moi particularmente da zona do Caurel e dos arredores, mámoas, petróglifos, castros e outras xoias manumentais que el e a asociaicón á que pertence identifican e tentan poñer en valor e dar a coñecer. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda hora é para o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte. Xosé Manuel F. Montes, comeza a súa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos seus Me ghusta e non me ghusta, para rematar cunhas recomendacións para os que se acheguen por aquelas zonas e queiran disfrutar dalgunha Festa gastronómica (Festa do Melindre en Melide) ou "Feira do Viño en Ferreira de Pantón", con degustación e brinde con varias Denominacións de Orixe. Tamén nos envía a súa creación, en forma de viñeta, alusiva a algún dos comentarios alusivos ao programa de hoxe.

A ultima intervención.entrevista é con JUAN TALLON, xornalista e escritor que ven de presentar o seu ultimo libro: "SALVAJE OESTE". Agradecémoslle a sua amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando da súa faceta creativa.

A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 3 de mayo de 2018

XOVES 3 de MAIO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia. Falamos con MIRIAM FERRADÁNS, escritora e poeta á que felicitamos pola súa traxectoria recente, presentación dun seu libro, presentadora da "Ponte Poética de Pontevedra" xunto a grandes figuras da nosa literatura galega, próxima participación nos Vermuts Literarios de Combarro... etcétera. Unha grande honra ter a súa colaboración na nosa radio.

Despois trasladámonos á cidade de Lugo para falarmos con HORACIO LÓPEZ, "Chef" do Restaurante "ESPAÑA" desa cidade galega, para que nos informe das moitas ofertas gastronómicas que se poden degustar nese restaurante que ven de cumplir nada menos que 100 anos de existencia. Felicitámolo. O prato "estrela" dese Restaurante é o boi. Unha especialidade que ademais coidan con moitísimo esmero e dedicación xa que dispoñen dunha granxa propia en terras de Portomarin. Despois agradecémoslle a súa amable atención.

A terceira intervneción-conversa é con don RICARDO RODICIO, Concelleiro de Cultura da Pobra do Brollón, que ademais de informarnos da "XXVII Feira-Festa do Viño de Vilachá" tamén aproveitamos para que nos fale das ofertas que podemos atopar nesa localidade lucense,chea de engado.

E para finalizar voltamos novamente a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, onde nos recibe a escritora, traductora crítica literaria e editora dona ANXELA GRACIAN, que nos fala da súa traxectoria creativa. Felicitámola pola escrita e presentación dese libro en homenaxe a un personaxe (o lobo Garimoso) creado por María Victoria Moreno, a quen se lle adican as Letras Galegas este ano: "Doce cartas a María Victoria Moreno". En vindeiras datas voltaremos a solicitarlle que nos atenda para continuar a conversa que hoxe fíxosenos curtiña.

Despedíamonos ate o vindeiro xoves. Non deixedes de sintonizarnos e pasade unha feliz semana.