Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha pequeniña peza musical para conectar con JORGE PRADA MERAYO, un gaiteiro e Profesor de música afincado en Ponferrada, que ademais á componente do Grupo Folk "Rapabestas" e dos "Templarios de OZA". Falamos da súa traxectoria e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente.
A segunda conversa é con XURXO SALGADO, que é directivo do Xornal Dixital en galego, que acaban de inaugurar o pasado día 17 de Maio (Día das Letras Galegas 2018) xunto con outros dous xornais dixitais máis, baixo o soporte de galiciadixital e que se chama xornaldelemos.gal. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.
Seguimos con entrevistas e nesta ocasión poñémonos en contacto con RAUL VELASCO SÁNCHEZ, Coordinador e Presidente do Xurado do "II Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas" da Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí. Fálanos da grande participación e afluencia de autores que enviaron as súas creacións. Aproveitamos para felicitalo e desexarlles moitos éxitos e continuidade nesta tarefa tan interesante.

Continuamos con entrevistas e nesta ocasión achegámonos novamente a Galicia para falar con don ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor en lingua galega, nado en Xinzo da Limia. Fálanos da súa traxectoria creativa e coméntanos algunha anécdota curiosa, que o noso colaborador Xosé Manuel aproveita para ilustrala. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale de máis cousas relacionadas coa súa escrita.
A última conversa-entrevista é con SUSANA SEIVANE, a gaiteira internacional que nos recibe moi amablemente e que nos adianta parte dalgunha sorpresa que ten preparada para agasallarnos no Concerto que realizará o vindeiro día 1 de XUÑO no Par de Can Mercader de Cornellà, baixo o patgrocinio da A.C.G.Roslía de Castro. Convídanos a que nos acheguemos ese venres a disfrutar da súa actuación e da música que interpretará nesa noite máxica de Folk galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario