jueves, 25 de septiembre de 2014

xoves 25 de setembro do 2014

Outra emisión máis deste noso programiña en galego. Esta semana non poderemos contar coa participación e asídua colaboración do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte), Xosé Manuel F.Montes, por mor de certas obrigas personais, pero tentaremos suplir a súa ausencia con otra alternativa interesante. 

Comezamos propoñéndolles escoitar a EMILIO RÚA, nunha das súas interpretacións musicais e deseguida conectamos con el para que nos fale dos seus traballos e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente. Unha conversa-entrevista moi interesante e chea de novidades.

Aproveitamos para darlles a coñecer algunhas novidades musicais que nos chegam á Redacción e facemos algúns comentarios denantes dos sinais horarios.

Na segunda hora chamamos ao noso amigo ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, Cantautor galego afincado en Catalunya que ven de publicar un traballo moi interesante: VERITAS MI, e do que escoitamos algunha peza denantes de falar con el e poñernos ao día das súas ultimas actuacións e dos seus vindeiros Concertos e Presentacións. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos volver a comentar con el, máis polo miúdo, moitas cousas relacionadas coa música, aquí nos estudios da radio. 


A ultima entrevista é con don XOSÉ BOUSO, Presidente do Club Deportivo LUGO, ao que felicitamos e agradecémoslle que nos atenderá tan amablemente. Dirixe un equipo que acaba de ascender á Segunda División do Futbol Español. El mesmo nos indica que con tan pocos socios (aproximadamente una 3 mil) atrévense a traballar para manterse nesa categoría tan difícil e comprometida. Actualmente atópanse no posto 14 da taboa de clasificación, empatados a puntos con outros seis equipos e tamén participan na competición da Copa do Rei, que os enfrontará co R.C.Betis, de Sevilla. Despedímonos do Presidente desexándolles que sigan a colleitar moitos éxitos e que alomemos se manteñan nesa categoría. 


A vindeira semana máis. ¡Agardámosvos a todos!

jueves, 18 de septiembre de 2014

Primeiro programa da nova tempada 2014 - 2015

Comezamos esta nova tempada coa emisión deste programa de radio en galego, coa intención e desexos de compracer a tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois das presentacións de rigor, propoñémolles escoitar a música do noso primero convidado : DAVIDE SALVADO, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de interesantes novidades e coñecemos un chisco máis a súa traxectoria así como os novos proxectos que ten previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable atención.


Denantes de continuar, coa conexión con Galicia, colocamos aquí a entrevista que mantivemos con DAVID FERNÁNDEZ, membro fundador e compoñente do Grupo de música VAL DAS MOURAS, con quen tiñamos falado en anteriores ocasións, pero que neste caso aproveitamos a súa participación nas Festas de Bellvitge.


Na segunda hora falamos con XOSE M.F.MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra para darlle a ben-vinda e agradecerlle que volva a aceptar a responsabilidade que viña desenvolvendo connosco para levarmos adiante este programiña, e encargarase da sección que el mesmo bautizou co nome de QUEN CHE PREGUNTOU?


A ultima intervención é con YAYO DACOSTA, que é o novo Xuíz no programa de Antena 3 : TOP CHEF, e que ademáis rexenta o restaurante do seu mesmo nome en CAMBADOS e que ten unha estrela Michelín. Agradecémoslle a súa atención, felicitámolo polos éxitos acadados e desexámoslle que siga acadando moitos máis, prometéndolle que en canto poidamos voltaremos a chamalo para que nos fale das súas experiencias e proxectos.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, á mesma hora e con máis propostas para todos.