jueves, 18 de septiembre de 2014

Primeiro programa da nova tempada 2014 - 2015

Comezamos esta nova tempada coa emisión deste programa de radio en galego, coa intención e desexos de compracer a tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois das presentacións de rigor, propoñémolles escoitar a música do noso primero convidado : DAVIDE SALVADO, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de interesantes novidades e coñecemos un chisco máis a súa traxectoria así como os novos proxectos que ten previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable atención.


Denantes de continuar, coa conexión con Galicia, colocamos aquí a entrevista que mantivemos con DAVID FERNÁNDEZ, membro fundador e compoñente do Grupo de música VAL DAS MOURAS, con quen tiñamos falado en anteriores ocasións, pero que neste caso aproveitamos a súa participación nas Festas de Bellvitge.


Na segunda hora falamos con XOSE M.F.MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra para darlle a ben-vinda e agradecerlle que volva a aceptar a responsabilidade que viña desenvolvendo connosco para levarmos adiante este programiña, e encargarase da sección que el mesmo bautizou co nome de QUEN CHE PREGUNTOU?


A ultima intervención é con YAYO DACOSTA, que é o novo Xuíz no programa de Antena 3 : TOP CHEF, e que ademáis rexenta o restaurante do seu mesmo nome en CAMBADOS e que ten unha estrela Michelín. Agradecémoslle a súa atención, felicitámolo polos éxitos acadados e desexámoslle que siga acadando moitos máis, prometéndolle que en canto poidamos voltaremos a chamalo para que nos fale das súas experiencias e proxectos.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, á mesma hora e con máis propostas para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario