jueves, 20 de marzo de 2014

XOVES 20 de MARZO do 2014

Outra entrega máis deste noso programiña de radio en galego. Hoxe comezamos escoitando unha peza de música do grupo MATTO Congrio, xa que temos a honra de poder falar e manter unha conversa-entrevista cun dos seus fundadores: ANXO PINTOS, actual profesor na ETRAD de Vigo, que moi amablemente nos axuda a facer un repaso da súa traxectoria e de moitas novidades moi interesantes para nosoutros e tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa atención.

Agora unha serie de informacións e a proposta de ouvirmos un chisco de música gallega escollida para compracer as demandas dalgunhos dos nosos oíntes.

Na segunda hora, como cada semana, poñémonos en contacto co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ M.F.MONTES, que nos ofrece unha serie de interesantes novidades informativas e despídenos con varias frases galegas, sempre cheas de moita retranca.

E seguimos con máis comunicacións, relacionadas coa música. Falamos agora con MINGOS LORENZO, músico profesor e fundador de PEDRAQUETIÑA. Mantemos unha conversa-entrevista moi esclarecedora da súa formación musical e novidades que próximamente realizarán. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos volver a chamalo para que nos teña ao corrente de tódalas cousas que vaian sucedéndose no seu entorno.


A vindeira semana máis e, se podemos, mellor. Voltamos a informarlles que este mesmo programa volve a reemitirse o domingo... ¡Graciñas por seguirnos!

jueves, 13 de marzo de 2014

13 de MARZO do 2014

Este XOVES comezamos ofrecéndolles escoitar música do grupo TREIXADURA, e aproveitamos para falar cun dos seus fundadores XOAQUIN XESTEIRA, quen moi amablemente atende a nosa chamada. Paga a pena escoitalo xa que nos informa, moi polo miúdo, da traxectoria do seu grupo e del mesmo. Un profesor de Gaita e Percusión dos que podemos gabarnos tódolos galegos. Desexámoslle moitos éxitos e que continúe nesa liña de traballo tan fecundo.


A segunda comunicación é con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente oficial na Ribeira Sacra (Monforte), que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas unha man chea de informacións que nos aledan e gorentan.


A ultima intervención é con don MIGUEL, do Restaurante A NOVA RUTA, en Vilalba-Lugo, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Fainos un percorrido polas súas instalacións e convídanos a disfrutar da gastronomía que alí ofrecen. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos tentar facer unha paradiña nese fermoso lugar.


A vindeira semana máis.

martes, 11 de marzo de 2014

Programa do XOVES día 6 de marzo do 2014

Aínda que xa pasaron algúns días, hoxe podemos ofrecervos a ultima emisión que fixemos esoutro día. Voltamos a pedirmos disculpas polo atraso...

Comezou o programa coa comunicación-entrevista á ALBERTO BARREIRO de FIANDOLA, que moi amablemente nos atendeu e deunos cumplida información do Grupo e das súas inquedanzas. Agradecémoslle-lo e seguiremos a súa traxectoria.

Ofrecémosvos un chisco de música Tradicional acompañada dalgunha sentencia-refrán galego, relacionado coa época na que nos atopamos (recén acabado o Entroido).

Comunicámonos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que siempre ten preparada a sea intervención con novedades e "sentencias" mii interesantes.

Deseguida comunicámonos con ROBERTO, do Grupo Folk RAPABESTAS, de Ponferrada, con quen mantemos unha conversa-entrevista relacionada con ese Grupo de música Tradicional, tan interesante.


O vindeiro xoves tentaremos facer outro programiña cheo de interese e novidades. Non deixedes de sintonizarnos.

Programa atrasado do 27 de FEBREIRO do 2014

Un xoves máis cos nosos oíntes e seguidores. Temos que pedirvos disculpas por non telo "colgado" antes, pero como xa vos dixemos en comunicacións anteriores, non puidemos facelo... Agora tentamos suplir as deficiencias e aquí vai.
Comezou a emisión coa consabida ben-vida... Despois comunicámonos con XOAN LUNA, de Píntega Amarela, que veñen a informarnos da próxima celebración dun "Festival SOLIDARIO" que celebrarán o vindeiro día 8 de marzo. Unha conversa-entrevista moi interesante.

Agora un chisco de música galega e algo de información acompañada da lectura dunha pequena poesía, así como os enderezos da nosa emisión e da nosa radio...


A seguinte comunicación é co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ M.F.MONTES, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e na que sempre ten preparada unha intervención chea de interesantes novidades e noticias acompañadas de certa retranca galega.

Despedímo-la emisión desexando que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves.

jueves, 6 de marzo de 2014

6 de marzo do 2014

O programa de hoxe será emitido outra vez este domingo á mediodía. Non podemos ofrecérvolo "colgado" no noso blog, por mor de certas obrigas nas que me atopo agora mesmo (estou en Galicia desprazado, para solventar algunhas cousas particulares). De seguida que chegue a Cataluña poreime a facer os deberes e axiña traballaremos para ofrecervos os programas atrasados. Agardo que os nosos oíntes e seguidores saiban disculpar estes pequenos inconvenientes, pero trataremos de compracervos tan pronto como poidamos.

¡Graciñas por seguirnos!