viernes, 27 de mayo de 2016

XOVES 26 de MAIO do 2016

Comezamos o programa dándolles a benvida e propoñéndolles escoitar unha peza de música interpretada por XABIER DÍAZ, e convidando a tódolos nosos oíntes e seguidores a participar da FESTA GALEGA, en Can Mercader, que se celebrará esta vindeira fin de semana.


A primeira conversa-entrevista é con dona CARMEN PENIN, de "2 Na Fronteira", que nos pon ao corrente das súas actuacións e novidades musicais. Aproveitamos a ocasión para felicitala porque foi elixida para ser XUÍZ HONORARIO do COUTO MIXTO. Agradecémoslle a súa amable atención.


Conectamos con Galicia, concretamente co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, Na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU, hoxe preparounos unha serie de novidades interesantes e propostas para elixir esta fin de semana en Galicia. Tamén nos envía a súa creación gráfica, para amenizar esta súa aportación.


A última con LUÍS GARCÍA, membro do Grupo musical TIRULEQUE. Fálanos da traxectoira deste Grupo e das vindeiras actuacións e concertos previstos para esta temporada.


A próxima semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

jueves, 26 de mayo de 2016

19 de maio do 2016

Retomamos a emisión deste noso programiña en galego, e aínda que non está o equipo ao completo, comezamos escoitando algunhas pezas musicais e deseguida comentamos varias noticias e novas relacionadas coa Festa GALEGA, que se realizará no Parque de CAN MERCADER, organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro...


A primeira conexión-conversa é con MARCOS MACEIRA, Presidente da MESA pola NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA, en Galicia, que nos pon ao corrente das ultimas actuacións e fainos un pequeno percorrido da traxectoria do que o noso idioma está a padecer e as actuacións da Mesa dende a súa fundación.

En memoria do noso técnico DAMIÀ

Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra, para que o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU, nos informe das novidades e outras informacións que escolleu para tódolos nosos oíntes, e coma sempre agasállanos cunha "viñeta" alusiva á emisión de hoxe e que lle agradecemos moi encarecidamente, e máis nesta ocasión que compartimos .


A última intervención-conversa é con PILAR, da Asociación ABRENTE, de As Nogais, que nos informa das actividades que están a realizar e tamén da "Festa da Empanada" que teñen previsto celebrar próximamente.


A vindeira semana máis.

jueves, 12 de mayo de 2016

XOVES 12 de MAIO do 2016

Por motivos evidentes (falecemento do noso estimado técnico DAMIÀ GRIMA LÓPEZ) non será posible emitir o programiña de hoxe.
Aprovietamos para enviarlles as nosas máis sinceiras condolencia á súa familia que nestes momentos precisan do nosos agarimo e atención en todo aquelo que precisen. Ficamos á súa disposición ofrecéndolles a nosa humilde aportación naquelo que nos demanden. Apertas saudosas para todos eles. 

jueves, 5 de mayo de 2016

XOVES 5 de MAIO do 2016

No programa de hoxe comezamos escoitando unha peza musical de LUAR NA LUBRE do seu ultimo Cd e despois conectamos con Galicia para falar con IVAN PATIÑO, da Productora AMANITA FILMS, en Monforte de Lemos, que nos pon ao corrente deste grande proxecto.

Na segunda hora voltamos novamente a Monforte para falar con noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que coma sempre finos unha pequena secrición das noticias escollidas para todos nosoutros. Tamén nos envía a súa estimada creación pictórica relacionada coa actualidade, e que nos compartimos neste blog.

Falamos despois con DAVID F., do Grupo musical "O VAL DAS MOURAS", que terán unha actuación - concerto en Sant boi esta fin de semana, na que lles desexamos moitos éxitos.

Finalizamos a emsión de hoxe falando con dona SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta la "Irmandade Galega de RUBÍ", que celebrarán próximamente a súa "XXXV Festa Galega en Rubí". Agradecémoslle a súa amable atención.

A vindeira semana máis. ¡Non faltedes!