jueves, 26 de marzo de 2015

Xoves 26 de MARZO do 2015

Unha semaniña máis tentando entreter á nosa audiencia con esta proposta de radio en galego, con música, entrevistas, conversas, impresións e noticias da nosa comunidade: Galicia.
A primeira comunicación é con CHECHE REAL, Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo e coa Delegada desta Asociación na zona sur de Lugo, dona BEATRIZ VILA FREIRE. Unha conversa moi interesante, chea de información e novidades. Agradecémoslles a súa aportación e prometémonos voltar a falar con eles para que nos sigan informando das súas inquedanzas.

A seguinte comunicación-entrevista é con FERNANDO RIAL DOMÍNGUEZ, escritor e creativo artístico, co que mantemos unha conversa arredor das súas produccións, e moi particularmente falando do seu libro: Tiempos anaranjados. Tamén falamos da súa próxima exposición de pintura que ten previsto realizar na Aula da Xuventude en Moaña.


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) para falarmos co noso correspondente Xosé M.F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que sempre ten preparadas unha serie de noticias e informacións acompañadas da súa retranca particular, para amenizar a súa intervención.


A última conversa é co Sr.XESÚS, da Panadería - Pastelería LINARES, de A Pontenova (Lugo) que nos fala do seu establecemento e das moitas e boas viandas que se preparan no seu obradoiro e que reparte polas aldeas e pobos do arredor. Desexámoslle moitos éxitos e despedímonos de todos cos desexos de que sigan sintonizándonos ate o vindeiro día 9 de ABRIL, que voltaremos a ofrecerlles outro programa máis. 


¡ Que teñan unhas FELICES PASCUAS !

viernes, 20 de marzo de 2015

XOVES 19 de MARZO do 2015

Día de San XOSÉ.

Comezamos o programa ofrecéndolles escoitar unha peza musical de "Cantares do BRION". A primeira conversa-entrevista é con DANI, responsable e propietario da empresa CAURELOR, adicada a productos naturais da zona de O Caurel. Fainos unha pequena descrición de cómo teñen montada a súa Empresa e convidanos a probar os seus productos. Agradecémoslle a el e a súa dona VERÓNICA, a súa atención e desexámoslles moitos éxitos.


A segunda comunicación é con JUAN LUNA, responsable da Asociación-Escola PINTEGA AMARELA, de Madrid, que nos informa das moitas actividades e cursos sobre cultura musical galega. Moitas inquedanzas que amosan na súa Escola. 


Na segunda hora faremos un especial, disculpando ao noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, que ten certas obrigas persoais que cumplir. Así pois conectamos con Madrid, outra vez, pero para falarmos con GUILLERME, da Asociación XIRANDELA, que nos da cumplida información sobre as moitas e interesantes actividades que ofrecen aos seus alumnos. Agradecemoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.


E para rematar o programa de hoxe falamos con SILVIA PARDO, de Expourense, que nos fai unha valoración da recente Feira Internacional Gastronómica XANTAR, e tamén aproveitamos para comentar algo sobre as vindeiras celebración previstas dende EXPOURENSE. Enviámoslles moitos e agarimosos saúdos pola súa amable atención e seguirémonos comunicando.

Gracias a Tod@s por seguirnos. 
A vindeira semana máis. 
¡¡¡ Agardámosvos !!!

jueves, 12 de marzo de 2015

12 de MARZO do 2015

Un xoves máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programiña de días horiñas de radio en galego. Comezamos chamando a EDUARDO RISCO e BRUNO VILLAMOR, da "Asociación Cultural Cantigas e Frores" de Lugo, para falarmos do Libro CD que acaban de presentar relacionado co Coral CANTIGAS e ATURUXOS, antecedente da actual Asociación Cultural. Unha conversa moi amena coa que nos enteramos de moitas e interesantes cousas.


A segunda comunicación é con HUGO LÓPEZ, da Asociación Cultural "Cántigas da Terra", de A Coruña, co que tamén mantemos unha conversa moi interesante arredor desta Coral así como das novidades que teñen previsto realizar.


Na segunda hora falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos ten preparadas varias informacións interesantes, así como recomendacións para esta fin de semana.


A ultima conversa é con RAMÓN GONZÁLEZ, autor do Libro CD, que comentamos cos nosos anteriores contertulios: Coro Cantigas e Aturuxos. Repertorio lucense.1918. A súa intervención axúdanos a coñecer algo máis deste traballo recentemente publicado por OUVIRMOS. Felicitámolo por esta publicación e desexámoslle moitos éxitos.


Este programa re-emítese tódolos domingos de 13 a 15 horas, por se queren escoitalo enteiro...
A vindeira semana máis. Non esquezan sintonizarnos. Seguiremos tentando compracelos.

jueves, 5 de marzo de 2015

XOVES 5 de MARZO do 2015

No programa de hoxe conectamos con OSCAR SOUTO de Radio Roncudo, para falarmos da súa experiencia creadora poética e da comunicación no seu programa "O NOSO XEITO", que tantos éxitos está a acadar. Felicitámolo e comprometémonos a voltar a falar con el en vindeiras ocasións.


Aproveitamos para comentar algunhas noticias musicais chegadas á nosa Redacción: Publicación da Editorial OUVIRMOS un CD-Libro: "Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense 1918" , adicado ás primeiras gravacións lucenses... ...


Na segunda hora comezamos coa acostumada comunicación do noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QEN CHE PREGUNTOU? e fainos un percorrido polas noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores.


A terceira comunicación é coa nosa amiga e Cantautora MARÍA XOSÉ SILVAR "SES", que acaba de gravar o seu ultimo trabajo musical: TRONZAR OS VALOS. Mándanos, en primicia, un primero avance do que escoitaremos e teremos no prelo a partir do día 17 deste mesmo mes de marzo. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante e chea de engado. Felicitámola e desexámoslle motísimos éxitos na presentación que fará próximamente en Vigo.


A vindeira semana máis. 
Agaradámovos a tod@s. 
Non deixedes de sintonizarnos.