viernes, 29 de noviembre de 2013

28 de NOVEMBRO do 2013

Unha semaniña máis de radio en galego, dende Radio Sant Boi. Hoxe reincorpórase o noso amigo XULIO COUGIL.
A primeira comunicación-entrevista é co SR. MARTIN, de Restaurante O GRELO, en Monforte de Lemos. Fainos un percorrido pola gastronomía que se sirve no seu local e convídanos a que o visitemos para probar a viandas que alí preparan. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración desinteresada, prometéndonos volver a conectar con el para vindeiras ocasións.



Continuamos a nosa emisión falando do Libro-Disco GALIZA, de Kepa Junquera, que nos facilitou Inma Grass, de Fol Música, e ofrecémoslles escoitar un chisco algunhas das colaboracións que se recopilan nestes dous discos tan interesantes.


Na segunda parte falamos con SES (María Xosé Silvar), o ciclón da música galega actual Co Xenio Destrozado. Mantemos unha conversa moi agradable e mii interesante denantes da súa actuación en NARÓN. Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable atención.

Para rematar a nosa emisión de hoce, poñémonos en contacto con ANA RODRÍGUEZ, do Grupo LEILÍA, as pandereteiras que están perto de celebrar as súas bodas de prata, que veñen de recibir o Premio Especial a Leilía na XXIV Edición da Gala Galegos do Ano 2013. Fainos un pequeno percorrido pola súa traxectoria musical e agradecémoslle a súa aportación e información desinteresada.

Na vindeira semana prometémoslles ofrecer un programa cheo de informacións e novidades interesantes.

XOVES 21 de novembro do 2013

Unha semana máis cos nosos oíntes, ofrecéndolles este programiña de radio en galego, dende a Emisora Municipal de Sant Boi de Llobregat. Aínda non se puido incorporar o noso colaborador Xulio Cougil. A primeira intervención-comunicación é con XAVIER DÍAZ, un grande investigador e compilador do folclore tradicional galego que non deixa de realizar a súa actividade docente impartindo cursos de percusión e canto tradicional en diferentes programas de escolas e conservatorios, e colaborando con artistas e formacións como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, nordestinas, Uxía Kepa Junquera... ... etcétera.

De seguida falamos co noso correspondente en Moforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que como cada semana ten escollidas moitas e interesantes suxerencias e aportacións culturais para tódolos nosos oíntes e seguidores.

A ultima parte do programa dedicámola a falar con DAVIDE SALVADO, un cantante galego que nos fala da súa aportación musical galega.

Seguiremos ofrecéndolles máis novidades e informacións a vindeira semana.

xoves 14 de NOVEMBRO do 2013

Esta xoves non puidemos contar coa colaboración de Xulio Cougil, pero fixemos un programiña bastante completo. Nun primeiro momento conectamos con Galicia para falarmos con FRAN ALLO, con quen mantivemos unha conversa-entrevista moi interesante. Falounos dos seus comezos como cantautor e do seu traballo na música actual. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.

Despois falamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, quen nos puxo ao corrente das moitas actividades que ben desenvolvendo esta Entidade, tanto para socios como para non socios.

O noso correspondente en Monforte de Lemos, como cada semana, volveu a deleitarnos coa súa escolla de noticias e comentarios tan axeitados. Non deixa puntada sen fío e sempre aproveita para darlle un toque de humor retranqueiro cheo de engado.

Para finalizarmos, puxémonos en contacto con XOAN LUACES FANDIÑO, responsable de Boa Music e FOL MUSIC, en Galicia. Coméntanos unha serie de novidades musicais e publicacións moi interesantes.

A vindeira semana tentaremos facer outro programiña máis. Se podemos mellor.

jueves, 7 de noviembre de 2013

XOVES 7-11-2013

Un xoves máis comezamos o noso programa cos saúdos de rigor e propoñémoslles escoitar unha peza de música de Cristina Pato para amenizar as nosas comunicacións. Falámoslle de diversas noticias e celebracións, así como de certos acontecementos actuáis.


Conectamos con Galicia, concretamente falamos con Xosé A. Bocixa, do grupo de rock galego ZENZAR, que nos dá a coñecer o seu traballo e mantemos unha conversa moi agradable e ilustrativa do que se está a facer neste eido musical na nosa terra.


Na segunda hora falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, concretamente en Monforte de Lemos, Xosé M.Montes, que nos pon ao corrente das novidades escollidas para os nosos oíntes e seguidores.


Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con don Xosé Manuel, xerente das Adegas MOURE, productores do viño Abadía da Cova, quen moi amablemente nos fai un pormenorizado percorrido dos seus productos vinícolas, pasando polos oruxos e a recente creación e posta á venda da "Ginebra" que "bautizada" con nome de ANA London Dry Gin, en honor á mai do propio Xosé Manuel. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a conversar con el en vindeiras datas.


Rematamos desexándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.