Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, para recibir aos primeiros convidados: LUCINDA BARCIA e a súa filla MONTSE ALVARIÑO BARCIA, que son de Toutón (Mondariz). Mantemos con elas unha conversa moi interesante relacionada coa recuperación e rehabilitación da "Levada de Toutón". Esta levada que data de moi antigo, traía a auga de nove quilómetros atrás, e servía para regar os prados e leiras dos veciños. Tamén se empregaba para algúns muiños que se atopan no seu percorrido. Tiñan as súas regras de servicio e mantemento. Tamén nos falaron dos "Seráns de Toutón" (nos que elas tamén participan e teñen moito que dicir). O vindeiro ano cumplirán 30 anos de celebración. Comprometémonos a poñernos en contacto con elas para que os nosos escoitantes e seguidores teñan cumprida información deste evento que se celebra na primeira quincena do mes de febreiro. Agradecémoslle a súa amable atención.
Falamos con PAZ BLANCO, que rexenta un establecemento co título: HACIENDO EL GALGO. É unha diseñadora de roupa e vestimenta para mascotas caninas. Falamos con ela sobre a próxima celebración dun "Desfile de mascotas" que se fará esta próxima fin de semana no Hotel Literario Bela Fisterra. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexamos que teñan moito éxito.
Escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con ÁNXELA GRACIÁN, escritora e poeta que ven de presentar un novo libro: "BENU ZULA E A UNICORNIA BRANCA", editado por Medulia Editorial. Contén 60 ilustracións de Christian Villamide. O título corresponde a unha figura literaria que consiste no emprego das mesmas letras para un título máis identificado: "Nube Azul e a Unicornia Branca". Parabenizámola e fainos unha pequena descrición sobre o contido desta obra ademais de lernos un bocadiño dun texto moi poético. Desexamos que teña moitos éxitos.
Seguimos escoitando música. Nesta ocasión a peza está interpretada por XURXO FERNÁNDES, músico e investigador da música tradicional galega e sefardí, que virá a ofrecernos un Concerto en directo na fin de semana do 24 de outubro, con motivo do Festival "Hospifolk", organizado pola "Casa Galega de Hospitalet". Convídanos a que nos acheguemos a ese evento para disfrutar e bailar, xa que el mesmo nos indica que a música que el interpreta é para bailar. Tamén nos fala dun próximo traballo discográfico que próximamente dará a coñecer e prométenos que nos avisará para dalo a coñecer. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teña moitos éxitos.
Aínda temos tempo para falar con MANUEL FOTEIRO A FONSAGRADA, grande amigo e seguidor do noso programa, a quen tamén felicitamos polo artigo-traballo publicado na Voz de Galicia, para dar a coñecer unha señora do rural, Balbina Eiros. Ten unha idade bastante avanzada, noventa e tres anos, e está moi orgullosa de vivir nunha aldea dos arredores de A Fonsagrada. Unha fermosa comunicación e unha posta en valor do traballo que facían esas mulleres do rural, tan abnegadas e entregadas aos labores do campo, costureiras e tecedeiras. Agradecémoslle a súa comunicación e amable atención con nosoutros.
Despedímonos con música. ¡Que teñan unha feliz semana! Deixamos aquí o programa completo.
músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario