jueves, 26 de enero de 2017

XOVES 26 de XANEIRO do 2017

Unha semaniña máis con todos vostedes tentando levar adiante este programiña de dúas horiña de radio en galego. Comezamos conectando con Galicia, concretamente achegámonos a VIANA do BOLO para falarmos con XURXO MINAS DOMÍNGUEZ, coordinador do Entroido 2017 nesa localidade, e que esta fin de semana celebran a "IIIª Mascarada Ibérica" en Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Unha conversa moi interesante, chea de información e coñecemento da Tradición Popular Galega, que levan adiante con moitísimo entusiasmo. Agradecémoslle a súa participación.

A segunda conversa-entrevista é con HUGO TORREIRO, que nos atende moi amablemente, e fálanos da súa traxectoria de cantautor e creativo musical galego.









Como cada semana conectamos con XOSÉ MANUEL Fernández MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos deleita coa súa aportación cultural e retranqueira e nos envía unha viñeta alusiva ao programa.


Finalmente voltamos a Viana do Bolo, para falarmos co Sr.Alcalde don SECUNDINO FERNÁNDEZ, que nos atende moi amablemente e fálanos tamén da Mascarda Ibérica e aproveitamos para que nos comente algunhas cousas referentes á celebración da "47 Festa da Androia" que se realizará coincidindo co Domingo Gordo de Entroido deste ano. Todos aqueles que desexen asistir a ese grande evento teñen que poñerse en contacto co concello de Viana a vindeira semana, que é cando se porán á venda os tiquets de participación. 

Despedímonos ate a vindeira semana. Non deixedes de sintonizarnos e ¡Sede moi Felices!

jueves, 19 de enero de 2017

XOVES, 19 de XANEIRO do 2017

Comezamos o programa coas presentacións habituais, ofrecéndolles os nosos enderezos para contactar connosco e propoñéndolles escoitar unha peciña musical galega. Deseguido conectamos con Galicia, concretamente con don CESAR FREIRÍA, Cé Orquestra Pantasma, que nos da cumprima información da Presentación de MIUDIÑO, mañá mesmo, día 20 de xaneiro no Torreiro de San Xoan de Freixo-Valadares (Vigo) ás 16:30. Agradecémoslle a súa amable atención.



Despois falamos con don Miguel Rodríguez, do Grupo Asturiano "Caldo y os Rabizos", que nos informan da súa formación e das súas investigacións relativas á musica tradicional e da súa peculiar forma de interpretala, así como dos instrumentos característicos da súa zona. aproveitamos para dar información da próxima presentación do libro de XINA VEGA, DARK BUTTERFLY, en  "La Central del Raval", o vindeiro venres, 20 de xaneiro ás 19horas. Están todos convidados. 


Na segunda hora, coma sempre, conectamos coa Capital da Ribeira Sacra, Monforte, para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o correspondente encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparadas unha morea de cousas e interesantes novidades, rematando a participación coas "súas cousas de O Galego éche así", ademais da aportación creativa en forma de viñeta alusiva ao programa de hoxe, cun pouco de retranca.


A ultima intervención-entrevista é con dona MÓNICA FERNÁNDEZ, Xefa de Sala do 99 Sushi Bar e Directora do Grupo Empresarial BAMBÚ, que rexenta nada menos que 6 Restaurantes en toda España. Está proposta para ser a 1ª Sumeller más importante do mundo, segundo o xurado que se reunirá próximamente en Paris, o vindeiro día 5 de febreiro. Unha conversa moi agradable e entretida que nos engaiolou. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.


Despedímonos de tódolos nosos oíntes desexando que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

jueves, 12 de enero de 2017

XOVES 12 de xaneiro do 2017

Primeira emisión deste ano:
Comezamos escoitando unha panxoliña, para relembrar que acabamos de pasar as Festas de Reis, e deseguida conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, o Presidente de ASOBECAT, que nos convida a sistir á Rolda de Prensa que realizarán a vindeira fin de semana, ás 18 horas,  no Hotel FRONT AIR, de Sant Boi, para presentar o "XIV Festival do BOTILLO en Catalunya". A realización do Festival terá lugar o día 11 de febreiro nese mesmo Hotel, Un evento de grande relevancia no que se agasallará ao Concello de Cacabelos, ás Adegas Godelia e como Berciano do ano a don MANOEL CARRETE, actualmente Presidente do Centro Galego de Barcelona. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda intervención é con don Xosé Antonio Ferreiro Palacios, responsable da explotación gandeira "Finca Villadangos", que se dedica a criar máis dun cento de vacas da raza autóctona "Rubia Galega" e que ten acadado unha morea de Premios en moitos e diferentes Concursos e Certames nos que participa, cos exemplados criados na súa explotación gandeira. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga colleitando tantos éxitos.

Na segunda hora, como vimos facendo cada semana, temos a comunicación do noso correspondente Xosé Manuel, en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos fai un percorrido moi interesante sobre as noticias que el mesmo escolle. Acompáñanos a súa creación artística relacionada coa emisión de hoxe, e que compartimos con todos vostedes neste blog.

A ultima Conversa-Entrevista é con don XIL RIOS, unha figura importantísima no eido da música galega, que nos fai moi interesante e entretida a conversa coas anécdotas que nos conta, relacionadas coa súa vida profesional. En vindeiros programas voltaremos a conectar con el, para que nos siga dando noticias das moitas vivencias que tivo, que seguro serán de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores. Para completar estas conversas agradeceríamos a participación e propostas de preguntas aos nosos entrevistados. Sempre serán moi ben recibidas as suxerencias dos nosos oíntes e seguidores.

Lembrámoslles que os domingos volven a reemitir este noso programa. Non deixen de sintonizarnos. Voltaremos o vindeiro xoves con máis música, entrevistas, noticias e moitas cousas máis.