Primeira emisión deste ano:
Comezamos escoitando unha panxoliña, para relembrar que acabamos de pasar as Festas de Reis, e deseguida conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, o Presidente de ASOBECAT, que nos convida a sistir á Rolda de Prensa que realizarán a vindeira fin de semana, ás 18 horas, no Hotel FRONT AIR, de Sant Boi, para presentar o "XIV Festival do BOTILLO en Catalunya". A realización do Festival terá lugar o día 11 de febreiro nese mesmo Hotel, Un evento de grande relevancia no que se agasallará ao Concello de Cacabelos, ás Adegas Godelia e como Berciano do ano a don MANOEL CARRETE, actualmente Presidente do Centro Galego de Barcelona. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle moitos éxitos.
A segunda intervención é con don Xosé Antonio Ferreiro Palacios, responsable da explotación gandeira "Finca Villadangos", que se dedica a criar máis dun cento de vacas da raza autóctona "Rubia Galega" e que ten acadado unha morea de Premios en moitos e diferentes Concursos e Certames nos que participa, cos exemplados criados na súa explotación gandeira. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga colleitando tantos éxitos.

A ultima Conversa-Entrevista é con don XIL RIOS, unha figura importantísima no eido da música galega, que nos fai moi interesante e entretida a conversa coas anécdotas que nos conta, relacionadas coa súa vida profesional. En vindeiros programas voltaremos a conectar con el, para que nos siga dando noticias das moitas vivencias que tivo, que seguro serán de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores. Para completar estas conversas agradeceríamos a participación e propostas de preguntas aos nosos entrevistados. Sempre serán moi ben recibidas as suxerencias dos nosos oíntes e seguidores.
Lembrámoslles que os domingos volven a reemitir este noso programa. Non deixen de sintonizarnos. Voltaremos o vindeiro xoves con máis música, entrevistas, noticias e moitas cousas máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario