jueves, 20 de febrero de 2014

20 de FEBREIRO do 2014

Un xoves máis coa nosa audiencia e seguidores. Nesta ocasión comezamos propoñéndolles escoitar unha das pezas populares máis famosas (O Pousa) e que figura en moitos dos álbumes exitosos do Grupo A RODA, para depois poñernos en contacto con ALFREDO VILLALBA, fillo do finado FITO, creador e fundador deste nomeado Grupo de música tradicional galega. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, cando presenten o seu ultimo traballo que xa ten título: Unha Volta de Roda. Enviámoslle os nosos parabens e desexámoslle que continúen tendo moitos éxitos.


Agora damos cumprida información dalgunhas das novedades e noticias que nos chegan á nosa Redacción, e que fan referencia á nosa cultura galega en xeral: 50 anos da revista Grial, Publicación dun libro pola Fundación Rosalía, Play-Doc, 10º Aniversario do Festival de Documentais de Tui e elección do mesmo como un dos dez mellores Festivais Internacionais... etcétera...

Na segunda hora temos a honra de contactar co Sr.Alcalde de Viana do Bolo: Don ANDRES MONTESINOS, que nos axuda a facer un pequeno percorrido pola próxima celebración do Entroido Vianés (hoxe concretamente están a celebrar o Xoves de Compadres, coa colocación - ou pendurado- do lardeiro no medio da praza e reparto de fariña). Tamén aproveitamos para que nos fale da "44 FESTA da ANDROLLA", que ven sendo unha das máis antigas festas gastronómicas de Galicia. O menú deste evento é de mencionar: De primeiro sopa con picatostes; de segundo, cocido con androlla, cachelos, grelos, chourizo, lacón; de terceiro, cabrito asado, e postres da vila: bica e vianos (bombóns recheos de mel), para acabar co café con gotas e queimada de colofón final. Un banquete que veñen celebrando todos estes 44 anos ao que concorren máis de 3000 persoas. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa atención e voltaremos a incomodalo noutra ocasión para que nos teña ao corrente das novidades e celebracións que acontezan en Viana do Bolo.

A intervención final do programa é a do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.MONTES, que nos fai unha disertación algo relevante do quefacer galego, para coñecermos máis polo miúdo, o que está a acontecer na nosa Terra, e despídese sempre con algunha que otra sentencia moi ocurrente.


Desexamos que nos volvan a sintonizar a vindeira semana á mesma hora: de 4 a 6h da tarde.


jueves, 13 de febrero de 2014

XOVES, 13 de FEBREIRO do 2014

Comezamos a nosa emisión calando con don JUAN MANUEL, da Vivenda Rural CASA CASARELLOS, que ven de recibir un importante premio no XV SALON INTERNACIONAL DE GASTRONOMÍA E TURISMO en Ourense. Unha conversa-entrevista moi esclarecedora e con moita información para que tódolos nosos oíntes poidan achegarse e visitar este lugar acolledor.

A segunda parte dedicámoslle-la ao COXGA, Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Da man de dona LOLI LÓPEZ, a xerente deste Colexio Oficial. Fálanos da récente entrega dun DIAMANTE, con motivo do Sorteo de Nadal. Recibimos as novidades e informacións relacionadas cos Profesionais da Xoiería, Ourivaría, Pratería, Reloxería e Xemoloxía de Galicia e agradecémoslle a súa desinteresada aportación e dedicación no noso programa.

Agora paramos a falar con XOAN EIRIZ, un Profesor de música e Cantautor galego que ven de publicar o seu 13 CD que leva por título : "DESDE AS CORDAS DO MEU CORAZÓN". Ademáis de manter con el unha conversa-entrevista moi agradable, aproveitamos para poder escoitar algunha das súas interpretacións musicais. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, se nos é posible.


Despois falamos con Carmen, da Vivenda Rural Casa da Cabaza, que nos pon ao corrente da súa novidosa iniciativa: "Sorteo Operación RESCATE". Moi interesante e para a que lles desexamos que teñan moito éxito. Agardamos poder voltar a falar con eles noutra ocasión. Denantes de rematar parámonos, un bocadiño, para darlles a coñecer algunhas das noticias chegadas á nosa Redacción. Escoitamos outra peciña de música.

E despedímonos de toda a nosa audiencia, convidándovos a que voltedes  sintonizarnos o vindeiro xoves.

jueves, 6 de febrero de 2014

XOVES 6 de FEBREIRO do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros. Nesta ocasión ofrecémoslle estas dúas horiñas de radio en galego con varias intervencións cheas de engado. A primera comunicación, con Galicia, para falarmos con UXÍA. É a primera vez que podemos conversar con ela e para nós convértese nun privilexio poder entrevistala. Aínda que curta, por mor de outros compromisos, serve para que poidamos facernos unha ideia sinxela do moito traballo que está a facer pola nosa cultura.


Agora paramos un chisco nas informacións locais relacionadas co noso entorno, xa que o vindeiro sábado teremos a oportunidade de poder escoitar en directo ao grupo RIOBÓ, que virá a actuar a CAL NINYO, en Sant Boi... E Armando fai unha pequena descripción da "Chocolatada Solidaria" que se fixo en Hospitalet de Llobregat o sábado pasado.


Despois falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que nos fai un percorrido por algunas información talegas de certa relevancia.

E para finalizar o programa de hoce  tivemos a honra de recibir a MARÍA DO CEO, con quen mantivemos unha conversa-entrevista chea de engado e feiticeira, que rematou cun agasallo para tódolos nosos oíntes e seguidores interpretando unha peza musical á capela. Agradecémoslle a súa participación, e gardaremos como "ouro en pano" esta regalía coa que nos despediu.


A vindeira semana máis. 
¡Agardámosvos!