jueves, 28 de septiembre de 2023

XOVES 28 de SETEMBRO do 2023

Unha nova emisión deste noso programiña de dúas horas en galego. Despois da nosa sintonía de sempre e un bocadiño de música dámoslle a ben-vinda a XAN VEIGA, humorista, monologuista, contacontos, presentador... ... etcétera, a quen saudamos e felicitamos porque ten preparada unha actuación especial no FIOT de Carballo para celebrar o seus 30 aniversario da súa traxectoria e faceta humorística coa presentación do seu espectáculo: "Sonchistorias", previsto para o día 29 a partir das 22.30 horas no Bar A Estación. Coméntanos algunhas cousas da súa faceta e adiántanos tamén a celebración doutras actuacións que ten contratadas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Conectamos agora con XABIER DÍAZ, a quen tamén felicitamos e parabenizámolo polo intenso traballo que ven desenvolvendo ultimamente. Teremos a honra de poder disfrutalo e escoitalo a partir das 20:30h en directo, o vindeiro venres día 6 de outubro no Centre Artesá Tradicionarius de Gracia (CAT), xunto coas Adufeiras de Salitre. Denantes  impartirá unha master-clas de pandeireta para todos aqueles que se inscriban na web do Tradicionarius. Promete que será unha actuación memorable que ademais contará con algunha sorpresa para tódolos asistentes. Desexamos que teña moita sorte e augurámoslles moitos éxitos.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con FRAN AMIL, un músico compositor e clásico compoñente doutros grupos musicais, que estará na representación e actuación prevista para o venres 29, sábado 30 e domingo 1 de outubro na Festa dos Barrios de Montealto, na Coruña. Coméntanos parte da súa traxectoria profisional, do traballo publicado "Popsia", da proposta infantil e de grande repercusión mediática "Chuches AMIL"... ... Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Mesón Catro Ventos
A última intervención é a de OVIDIO MÉNDEZ, do "Mesón Catro Ventos", en Barbeitos - A Fonsagrada. Xa falaramos noutras ocasións con el, pero hoxe aproveitamos para que nos comente a inauguración dos Apartamentos que ten a disposición de tódolos clientes que o desexen. Tamén nos comenta parte das ofertas gastronómicas que se poden degustar no seu establecemento, basadas nos produtos de 1ª calidade e moi particularmente a carne procedente da súa explotación gandeira propia, e os produtos da súa horta e outros produtos de quilómetro cero, que ofrece aos seus clientes. Tamén se poden degustar outros pratos de peixe, como o polbo á feira e á brasa con ameixas e boletus e moi especialmente o bacallau e a merluza de pincho. A súa satisfacción é poder atender con eficacia aos moitos clientes que se achegan ao Mesón. Desexamos que siga tendo moita sorte e moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Colgamos aquí o programa completo.

jueves, 21 de septiembre de 2023

XOVES 21 de SETEMBRO do 2023

Unha emisión máis deste noso programiña de dúas horasa en galego. Comezamos coa sintonía e as salutacións de sempre, para escoitar un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GALICIAME, que nos fala das diferentes actividades desenvolvidas no verán e da próxima "Gala-Xantar" prevista para o día dous de decembro próximo, no que terán a participación de artistas, escritores, músicos e moitas participacións desinteresadas para recoller unha cantidade respetable de fondos que destinarán a axudar á investigación e outros proxectos moi importantes para as persoas que padecen esa enfermidade "Atrofia Muscular Espinar". Como cada ano terán un embaixador de renome a nivel nacional (como Antonio Resines) e aínda que o modelo de realización será diferente doutras galas, sí que contará coa presencia de Belén Xestal e en nome das nosas emisión radiofónicas queren contar coa participación do noso Armando Fernández. Agardamos poder participar, si a saúde o permite. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.

A segunda participación é a de SUSANA FERNÁNDEZ, inxeñeira de prestixio, pero desexamos a súa participación para que nos fale da AAVV de GROU, porque na ultima conversa que mantivemos falonos da proposta de rehabilitación do "Clube" que tiñan. Fálanos da inauguración exitosa a principios deste mesmo ano, do concerto firmado para a utilización durante 25 anos, do feiticeiro e fermoso que lles quedou este establecemento, da posta en marcha da bilbioteca, das instalacións con ordenadores e ténicas modernas, dos socios e participantes... Todo un logro que acadaron grazas ao esforzo dos veciños e persoas que desinteresadamente prticiparon para conseguilo. Estes mesmos son os que participan e celebran as diferentes actividades e festas que realizan. Pódese comprobar cómo son esas dependencias e algunhas das súas actividades na páxina "Grou eco-avanza". Dámoslle os nosos parabens e agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, desexando que sigan mantendo esas inquedanzas e ánimos para seguir adiante.
 

Recibimos agora ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? coa que nos fai chegar as novas escollidas a modo de Ghústanme e Desghústanme, e finaliza cos seus apuntes e anotacións da "libretiña pequena" na que recolle algunhas frases e outra ocurrencias moi retranqueiras.

Finalizamos o programa de hoxe conectando novamente con Galicia, concretamente Navia de Suarna, onde se atopa dona MARI CARMEN FERNÁNDEZ, Chef do "Café-Bar Xegunde" pero tamén cociñeira específica da Cooperativa "A Carqueixa" coa que colabora e traballa para ofrecer os seus pratos pre-cociñados que están para "quentar e degustar", como eles mesmos anuncian na súa páxina "osabordosancares.com", como son: Caldo galego, Callos con garavanzos, Tenreira con salsa de figos e Xarrete con castañas. Felicitámola por teren recibido o 2º Premio que lle concedeu o Ministerio de Agricultura pola Innovación das  Mulleres Rurais, que recollerán no mes de novembro. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 14 de septiembre de 2023

14 de SETEMBRO DO 2023 - 1º Programa desta tempada 2023 - 2024

Comezamos esta nova tempada coa nosa sintonía de sempre. Dámoslle a ben-vinda e deseguida escoitamos un tema interpretado por DANI PARDO, un cantante galego, concretamente de Baralla que a continuación entrevistamos. Fainos unha pequena semblanza da súa traxectoria como intérprete e dos seus anceios e desexos que continuar cantando e traballando para dar a coñecer a súa proposta creativa e interpretativa. Está traballando para poder publicar un primeiro CD coas súas cancións. Agradecémoslle a súa participación e despedímolo precisamente cunha das súas interpretacións musicais moi coñecidas, que el mesmo nos explica que está dedicada ao seu pobo e máis concretamente á súa aldea.


Oscar, MariCarmen, Manuel
Oscar, MariCarmen e Manuel







Continuamos o programa e poñémonos en contacto con Galicia, novamente para falar con MANUEL LAMELA, o irmán do noso grande, querido e admirado colaborador Xosé Lamela. Agradecémoslle a súa participación e felicitámolo polo traballo e dedicación que lle puxeron para homenaxear a figura de seu irmán Xosé. O día 14 de agosto pasado moitos veciños, amigos e coñecidos de Xosé, xuntámonos en Padrendo para depositar unhas frores na lápida onde está soterrado, colocouse unha placa conmemorativa na súa casa natal en Padrendo, fixemos un acto moi emotivo na capela da Virxe do Xurés, que finalizou coa interpretación do Himno á Virxe a cargo da nosa benquerida CARMEN PENIM e compartimos un xantar de convivio no Hotel-Balneario Caldaria de Lobios. Actos emotivos e cheos de engado que se repetirán o vindeiro ano 2024 na mesma data do 14 de agosto para plantar unha oliveira ou un castiñeiro en memoria de Xosé, precisamente no adro da capela do Xurés. Tamén nos comentou que posiblemente se publique algún libro que recolla algunhas das investigacións, traballos e documentacións que tiña bastante adiantados antes do seu pasamento. Estaremos atentos e seguiremos en contacto con Manuel Lamela.

Recibimos a colaboración do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? Sorpréndenos cunha nova definición que nomea como  "Nin me Ghusta nin me disghusta".  Innovando e aportando a súa creatividade na información e colaboración desinteresada. Agradecémoslle a súa dedicación.

 

Entrevistamos agora ao escultor TOÑO MONTEIRO, que foi o escultor que confeccionou a placa que está colocada na casa natal de Xosé Lamela en Padrendo. Infórmanos de cómo esculpiu a capela da Virxe do Xurés que ten un fondo inox para que cando lle dea a luz se convirta nun espello reflexando a silueta con todo o seu explendor. Tamén nos comenta algunhas das súas obras escultóricas que están espalladas polo Parque Internacional Gerés-Xurés, pola Baixa Limia, en Portugal e noutras localidades. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.


Aquí deixamos o programa enteiro. Desexamos que teñan unha feliz semana. Ate o vindeiro xoves, á mesma hora. Sexan felices!