jueves, 28 de septiembre de 2023

XOVES 28 de SETEMBRO do 2023

Unha nova emisión deste noso programiña de dúas horas en galego. Despois da nosa sintonía de sempre e un bocadiño de música dámoslle a ben-vinda a XAN VEIGA, humorista, monologuista, contacontos, presentador... ... etcétera, a quen saudamos e felicitamos porque ten preparada unha actuación especial no FIOT de Carballo para celebrar o seus 30 aniversario da súa traxectoria e faceta humorística coa presentación do seu espectáculo: "Sonchistorias", previsto para o día 29 a partir das 22.30 horas no Bar A Estación. Coméntanos algunhas cousas da súa faceta e adiántanos tamén a celebración doutras actuacións que ten contratadas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Conectamos agora con XABIER DÍAZ, a quen tamén felicitamos e parabenizámolo polo intenso traballo que ven desenvolvendo ultimamente. Teremos a honra de poder disfrutalo e escoitalo a partir das 20:30h en directo, o vindeiro venres día 6 de outubro no Centre Artesá Tradicionarius de Gracia (CAT), xunto coas Adufeiras de Salitre. Denantes  impartirá unha master-clas de pandeireta para todos aqueles que se inscriban na web do Tradicionarius. Promete que será unha actuación memorable que ademais contará con algunha sorpresa para tódolos asistentes. Desexamos que teña moita sorte e augurámoslles moitos éxitos.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con FRAN AMIL, un músico compositor e clásico compoñente doutros grupos musicais, que estará na representación e actuación prevista para o venres 29, sábado 30 e domingo 1 de outubro na Festa dos Barrios de Montealto, na Coruña. Coméntanos parte da súa traxectoria profisional, do traballo publicado "Popsia", da proposta infantil e de grande repercusión mediática "Chuches AMIL"... ... Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Mesón Catro Ventos
A última intervención é a de OVIDIO MÉNDEZ, do "Mesón Catro Ventos", en Barbeitos - A Fonsagrada. Xa falaramos noutras ocasións con el, pero hoxe aproveitamos para que nos comente a inauguración dos Apartamentos que ten a disposición de tódolos clientes que o desexen. Tamén nos comenta parte das ofertas gastronómicas que se poden degustar no seu establecemento, basadas nos produtos de 1ª calidade e moi particularmente a carne procedente da súa explotación gandeira propia, e os produtos da súa horta e outros produtos de quilómetro cero, que ofrece aos seus clientes. Tamén se poden degustar outros pratos de peixe, como o polbo á feira e á brasa con ameixas e boletus e moi especialmente o bacallau e a merluza de pincho. A súa satisfacción é poder atender con eficacia aos moitos clientes que se achegan ao Mesón. Desexamos que siga tendo moita sorte e moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Colgamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario