jueves, 5 de octubre de 2023

XOVES 05 de OUTUBRO do 2023

Outra emisión máis desta tempada que comezamos, coma sempre, coa nos sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa escolla de informacións e novas está resumida nos seus Ghústanme e Desghústanme, que debulla con moito criterio, para coñecemento de tódolos nosos oíntes e seguidores. Finaliza a súa intervención cos apuntes e anotacións da súa "libretiña pequena" que sempre recolle con moito agarimo. Desexámoslle que teña unha semana feiticeira.

A seguinte intervención-conversa é con dona ANA VILA PORTOMEÑE, a Poeta Labrega que sempre nos recibe moi amablemente. Comentamos con ela algunhas das súas inquedanzas e traballos nos que está inmersa. Da súa creatividade, da próxima publicación, posiblemente para o ano dosu mil vintecatro, dun libro mais ben en prosa, aínda que tamén levará incluidas algunhas poesías. Agasállanos coa declamación dunha poesía adicada aos oíntes e seguidores do noso programa e concretamente de Radio Sant Boi. Agradecémoslle ese agasallo e desexámoslle que teña moitos éxitos.

Continuamos o programa e conectamos co Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de POL, don LINO RODRÍGUEZ ÓNEGA, a quen felicitamos porque estivo na Festa do San Froilán de Nou Barris, a semana pasada, convidado de honra por parte dos organizadores. Pedímoslle que nos faga unha pequena descrición e nos amose o Concello que preside e fainos un percorrido moi enriquecedor por aquela localidade Luguesa. Desexamos que teña moita sorte nos seus proxectos, dos que nos falou con moito interese.

Poñemos a música do "Cumpleanos feliz" para agasallar a dona MARIA FERNÁNDEZ, a mai da nosa amiga e socia da Asociación PURA, que hoxe mesmo cumple nada menos que 100 anos. Desexamos que siga cumplindo moitos máis e agradecémoslle a Pura que nos atendera para felicitar á súa mai.

Aproveitamos para dar a coñecer algunhs informacións da nosa A.C.G.Rosalía de Castro: Asemblea extraordinaria o próximo día 7, Paella Popular o día 21 de outubro para socios, amigos e simpatizantes, diante da entidade, Magosto o día 4 de novembro. Campionatos de Tute e Brisca a partir do 17 de novembro e "37 Certame de Poesía Rosalía de Castro", o día 2 de decembro.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Sexan Felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario