jueves, 19 de octubre de 2023

XOVES 19 de OUTUBRO do 2023

Unha nova emisión deste noso programa de dúas horas en língua galega. Despois da sintonía e das salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e recibimos ao primeiro convidado desta tarde,don UBALDO PÉREZ, do RESTAURANTE LOS ANCARES, na Rúa Robrenyo 74,78 de Barcelona. Será o próximo domingo día 22. Fálanos da próxima celebración dun xantar especial, con música galega: Cocido Galego con cachola, chourizo, butelo, lacón, patacas, garabanzos e grelos. Todo elo acompañado con viño da terra: mencía e godello. Ao finalizar, despois dos postres e chupitos de augardente, hervas ou licor café, amemizarase a asistencia con música tradicional galega, como ben sendo habitual nestas celebracións. Os interesados terán que chamar para reservar mesa e asistencia. Desexámoslle que teña moita sorte e moitos éxitos.

Damos a coñecer algunhas das actividades e celebracións que ten previsto realizar a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Este mesmo sábado, a partir das 13h celebración da Paella Popular, diante da Entidade, gratuita para tódolos socios e un prezo axeitado para os amigos e simpatizantes. Magosto para o día 4 de novembro a partir das 20:30h, castañas e viño da terriña e algunha que outra sorpresa. Campionatos de Tute e Brisca, os días 18, 19, 25 e 26 de novembro. Hai que anotarse para poder participar. Certame de Poesía Rosalía de Castro o día 2 de decembro. Os que desexen asistir á cea terán que anotarse na Entidade.

A continuación falamos con don XOSÉ CASTIÑEIRA, do Restaurante TIRA DO CORDEL, en Fisterra. Comentamos con el algúns dos pratos que ofrecen no seu establecemento. A especialidade é a lubina ou robaliza. Tamén está moi contento coa oferta doutros peixes frescos que se poden degustar, xunto coas ameixas que levan unha salsa especial, elaborada específicamente polos seus cociñeiros. Chámase Salsa Tira do Cordel, porque os ingredientes e a elaboración é única y específica do Restaruante. Tamén nos conta a anécdota de cómo se chegou a nomear o establecemento, que nun principio puxéralle o nome de  Baixa Mar, pero como no comezo para poder entrar había unha porta de dúas follas que se abría tirando dun cordel (el mesmo lle puxera un letreiro que dicía: para entrar tira do cordel) e quedoulle bautizado ese nome definitivamente. Agradecémoslle a súa participación no progama de hoxe.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música máis e falamos con LUCÍA FREITAS, CHEF do Restaurante cunha Estrella Michelín e varios Soles Repsol, A TAFONA, en SANTIAGO DE COMPOSTELA. Felicitámola por participar hai uns días na estrea do Master Chef da Televisión Española e tamén porque está elixida para participar e impartir, como ponente, varias clases maxistrais de cociña doce, ademais de ser membro do Xurado no Forum Gastronómico de Barcelona, previsto para os días 6 a 8 de novembro. Desexamos que teña moito éxito e moita sorte.
 

Falamos agora con don MIGUEL MOSQUERA, da Pastelería FINA REI, de Allariz. Un establecemento de moita traxectoria artesanal e grande arraigo nesa localidade ourensana. O ano pasado celebraron o seu 50 aniversario. Teñen unha páxina web que pode consultar e visitar por si lles apetece mercar algún dos seus produtos tan doces. Ademais dos doces tradicionais da vila, Amedoados, Torta Real e Améndoa de Pico, tamén se poden degustar outros doces artesanais como bombóns, ostras de chiculate, ostras de chocolate, turrons acisclo... unha man chea de doces a escoller para tódolos gustos. Tamén están moi implicados coa Cultura Galega, xa que forman parte patrocinadora dunha Editorial así como colaboradores da Fundación Vicente Risco. Seguiremos a súa traxectoria xa que están pendentes de poñer á venta un produto (é primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores) que está moi relacionado tamén coa cultura. En vindeiras datas, cando esté preparado o seu lanzamento, voltaremos a poñernos en contacto coa Pastelaría FINA REI. Desexamos que teñan moita sorte e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa enteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario