martes, 23 de abril de 2013

23 de ABRIL do 2013

Neste martes comezamos felicitando a tódolos JORDIS e enviando unha salutación á familia de MANUEL PIÑEIRO, compañeiro nas lides radiofónicas e que sempre levou coma estandarte na súa comunicación o espallamento da nosa lingua galega e as nosas cousas. Finou hai uns días. Dende esta nosa humilde fiestra, enviámoslles as nosas máis sentidas condolencias. 
Deseguida conectamos coa Capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - como cada semana, para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o noso apreciado colaborador que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre lle inserta un sentido moi particular e característico coa súa interpretación retranqueira.

Na segunda parte do noso programa falamos co amigo ALFREDO GONZALEZ VILELA, cantautor galego que sempre ten algunha novidade interesante que ofrecernos, e anúncianos diversas actuacións nas que ten previsto actuar en vindeiras datas: o día 11 de maio, na A.C.G.Rosalía de Castro, ás 6 da tarde; no Orfeó Catalá, o día 18 de maio na representación teatral de "Anduriña": Os Vellos non deben namorarse e o día 25 de maio novamente na A.C.G.Rosalía de Castro, na Conferencia que imnpartirá don ANTONIO ALVAREZ GONZALEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira, que versará sobre a recuperación do Sendeiro de Quinta-Río Donsal.

Lembrade que voltamos a re-emitir este nodo programa os domingos de 13h á 14 horas.
A vindeira semana voltaremos e agardámosvos a todos.

martes, 16 de abril de 2013

MARTES 16 de ABRIL do 2013

Unha semana máis ofrecémosvos este programiña de radio en galego tentando entretervos e que pasen unha hora agradable. Nos controis de son Damiá, na locución Xulio Couxil e ARMANDO FERNÁNDEZ dirixindo.  
A sección QUEN CHE PREGUNTOU? realizámola coa colaboración do noso correspondente en Galicia, na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ M.Montes, que coma sempre nos recrea as noticias recentes que el mesmo escolle, para darlle un "toque retranqueiro" e desenfadado.
Na segunda parte do noso programa, e aproveitando a conexión que nos facilitou SANDRA, de Comerengalicia.es, falamos con LOLY, a "chef" do Restaurante A TABERNA DO TRONCO, en Chavín-Viveiro (Lugo), con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista moi enriquecedora e con moita información relacionada co seu establecemento, co seu entorno e coa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración.
Na vindeira semana tentaremos facer outro programiña máis, con moitas novidades e sorpresas para tódolos nosos oíntes e seguidores. 
Non nos fallen. ¡¡¡ Agardámolos a todos!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

Programa do martes pasado

9 de ABRIL do 2013.
  Comezamos dándolle a benvida a tódolos nosos seguidores e amigos. Conectamos coa capital da RIBEIRA SACRA, para falarmos con XOSÉ M.MONTES, o noso correspondente, que dende Monforte de Lemos sempre nos imforma moi polo miúdo das novidades que el mesmo escolle, relacionadas coa actualidade galega. Nesta sección que titulamos QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre teñen cabida unha serie de "sentencias retranqueiras" que o noso amigo e colaborador confecciona con moito tino e cun sentido do humor moi axeitado. 

 Na segunda parte do noso programa conectamos con VICTOR GRANDE, cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto e galego, como el mesmo se define. Unha persoa moi interesante e moi especial, que virá a Barcelona a realizar dúas actuacións, presentado polo noso amigo ALBERTE MONTES. Desexámoslle que recolla moitos éxitos nas súas intervencións. 

 A vindeira semana voltaremos. 
Non se esquezan de que o DOMINGO ao mediodía (de 12 a 13horas) reemítese este noso programa en RADIO SANT BOI. Agardámolos o vindeiro martes á mesma hora, de 16 a 17horas, con moitas máis noticias e entrevistas, mesturadas con boa música galega, chamdas e intervencións interesantes.

miércoles, 3 de abril de 2013

MARTES 2 de ABRIL do 2013

Un novo mes e un novo programa en galego. Nesta semana non podemos conectar con Xosé M.Montes, por mor dalgún compromiso persoal, pero conectamos con MASITO BEIRÓ, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en PADRÓN, con quen mantemos unha amena conversa sobre algúns acontecementos e eventos que se celebrarán naquela localidade, todos eles de singular importancia cultural, e repasamos algunhas cousas que el mesmo escolle.

Na segunda parte do programa trasladámonos a ALLARIZ (Ourense) para falarmos con CHUS, a filla de dona LUISA SEARA, a mantedora dunha das receitas das "Améndoas de PICO". Esta familia é das poucas que aínda hoxe en dia, e tan só por encargo, son capaces de elaborar este doce tan sabroso e exquisito que seica procede dunha elaboradísima receita de procedencia xudea e que lle transmitiron no seu día aos seus antecesores as monxas clarisas desta localidade. Chus fálanos da súa "Confitería LUÍSA", que segue a tradición da súa nai e continúa a despachar os riquísimos "Amendoados de Allariz" e outros doces que teñen unha grande demanda, como poden ser as Roscas doces, os Melindres, os Mazapáns, as Tortas de Améndoa... e os licores tradicionais galegos (Oruxo, Licor café, Licor de Herbas, Licor de Oruxo... etcétera). A verdade é que se nos fai a boca auga falando con ela. Desexámoslle que continúe disfrutando do seu traballo e agardamos voltar a falar con ela noutra ocasión, para que nos dea algunha receita deses doces exquisitos que ela confecciona.


A vindeira semana máis, e se é posible moito mellor... ¡Agradámovos a TODOS!

Programa do pasado martes 26 de marzo do 2013

Colgamos hoxe o programa desta Semana Santa, que non puidemos ofrecervos en pasadas xornadas, pero que agora recuperamos para disfrute dos nosos oíntes e seguidores. Podedes consultalo e enviarnos as vosas suxerencias e opinións.
Como sempre comezamos coa sintonía habitual, dándolles a ben-vida e conectamos directamente coa capital da Ribeira Sacra, para falarmos con Xosé M.Montes, que sempre escolle noticias e comunicacións moi interesantes para todos.

Na segunda parte do programa comunicámonos con EMILIO RUA, un dos cantautores máis sobranceiros da nosa música gallega actual, con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista moi amena e interesante. Agardamos que non sexa esta a única vez que nos comunicamos e desexamos que en vindeiras ocasións poidamos voltar a telo con nosoutros para que nos informe dos seus proxectos e traballos musicais, ao tempo que lle desexamos moitos éxitos.

No seguinte programa, xa no mes de abril, concretamente o día 2, voltaremos a facer outro programiña en galego para todos vosoutros. Agardámolos a todos.