jueves, 27 de febrero de 2020

XOVES 27 de FEBREIRO do 2020

Despois das salutacións iniciais, conectamos con Galicia para falar con don MANEL MONTEAGUDO, un escritor galego afincado en Noia, que nos fala do seu ultimo traballo, un libro que leva por título: "Camiño a lagoa dos bardos" de máis de catrocentas páxinas todo el escrito en verso, e segundo el mesmo nos informa, adicado ás mulleres. Fainos un agasallo lendo un dos seus poemas. Desexámoslle moitos éxitos.


Recibimos nos estudos a Ricard Ros, que nos ven a presentar o "Xº Festival RUBRIFOLKUM" que se celebrará os días 5, 6 e 7 de marzo. Tamén recibimos e saudamos aos dous compoñentes do "Grupo MoOom" - Ciara Cabodevila e Sebastián Serpell -. Ricard ponnos ao corrente das novidades que este ano teremos neste Festival Tradicionarius do Baix Llobregat. Escoitamos un bocado de música dalgún dos participantes neste evento.
Continuamos a conversa con eles, e aproveitamos a presencia de Ciara e Sebastián - Grupo MoOom - para que nos interpreten unha peza do seu repertorio.


Seguimos debullando as diversas actuación no "Rubrifolkum 2020" e escoitamos outro bocadiño máis de música doutro dos participantes neste Festival.


Tamén nos volven a interpretar outra peza de "MoOom". Despois depedímonos deles desexando que teñan moitos éxitos e contamos poder voltar a telos connosco para disfrutar da súa creatividade musical, tanto de Ricard Ros como de Ciara e de Sebastián.


A continuación conectamos coa nosa correspondente en Becerreá,  Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal relacionada con aquelas terras Ancaresas de Lugo.


Despois falamos con SÉS, María Xosé Silvar, que está en Barcelona, para presentar o seu ultimo traballo "Liberar as arterias". Precisamente mañá, venres día 21 ás 21h na Sala Luz de Gas, fará a súa presentación deste CD cun concerto para tódolos asistentes. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Que teñan unha feliz semana. O vindeiro xoves máis. ¡¡Agardámosvos!!

jueves, 20 de febrero de 2020

XOVES 20 de FEBREIRO do 2020

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando un sigle "no salón das cereixas" que pertence ao CD "As catedrais Silenciadas" de Xabier Díaz e as Adufeiras. Precisamente a primeira intervención-entrevista é con XABIER que nos fala dese novo trballo tan interesante e dos concertos e a xira que teñen preparada para ir presentando este novo traballo. Concretamente a 1ª presentación será en Barcelona, con motivo do Tradicionarius, o día 21 de Marzo. Agradecémoslle a súa participación e atención que sempre nos dispensa. Desexámoslle moitos éxitos.


A segund conversa-entrevista é co Doutor PEDRO GUERRA, fundador e Director da Clínica Dental Valldaura, que será homenaxeado, como "Berciano Ilustre 2020" no XVII Festival del Botillo en Cataluña, que promociona e organiza ASOBECAT. Acompáñanos nos estudos o Presidente, Juan Pedro Sánchez, que participa na pequena terturlia que mantemos co Doutor.


Despois conectamosn novamente con Galicia para falar con EFREN ALVAREZ, dono, xunto con ANDRÉS da empresa  WETACA, que elabora comida para levar. Podedes escoller entre 20 pratos diferentes, 4 Entrantes e 4 postres... en próximas datas voltaremos a conectar con eles.


Conversamos con don VICTOR ROBLA, propietario da Adega Viños de Arganza, que nos comenta parte da historia e fundación desta explotación vinícola do Bierzo e que este ano será a encargada de regar e acompañar, cos seus tinto mencía e branco godello, ao XVII Festival do Botillo de Cataluña. Felicitámolo e desexámoslle que sigan colleitando moitos éxitos.



A seguinte comunicación é a do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes que nos fai partícipe das noticias, e unha crónica semanal con tempo preciso para que non se alporicen. Comenta moi sucintamente a súa escolla das TOP semanais, sempre moi ben acaídas. Despois fala  das Festas Gastronómicas dagora e finaliza comentando algo enxebre, galego, que escoitou na última viaxe que tivo que facer a Vigo. Tamén nos envía a súa aportación viñetista. 



Seguimos adiante comentando as actividades relacionadas coa Asociación C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, e que seguro teremos tempo de amplialas e comentalas con máis detenemento en vindeiras datas. Cando menos quedan aquí reflexadas para tódolos nosos oíntes e seguidores.


E falamos con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, co que imos debullando toda a noticia que está relacionada co "XVII Festival do Botillo en Catalunya". Comentamos a elección dos "Bercianos Ilustres do 2020" que recaeron no "Doutor Pedro Guerra" (con quen falamos no comezo), e don Jesús Álvarez (párroco de Cacabelos e algunhas poboacións máis), dignos merecedores de ter acadado ese galardón polos seus méritos. Grandes e orgullosos Bercianos que participarán nese Festival antes mencionado. Dámoslle as gracias a todos e despedímonos ate a vindiera semana á mesma hora.


Non deixen de sintonizarnos. ¡Que teñan unha feliz semana!




viernes, 14 de febrero de 2020

XOVES 13 de FEBREIRO do 2020

Un xoves máis con todos vosoutr@s emitindo en galego perante dúas horiñas con noticias, comentarios, entrevistas e música galega. Dámoslle a benvida e conectamos con CIARA CABODEVILA, Responsable da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia no Centro Galego de Barcelona. Unha conversa que nos achega información desa Oficina. Agradecémoslle a súa participación e voltaremos a comunicarnos para que nos siga dando noticias.


A segunda conversa-entrevista é co Ilmo.Sr.Alcalde de Navia de Suarna, don José Fernández Fernández, con quen mantemos unha conversa moi interesante relacionada coa próxima celebración da "XXX Festa da Androlla".


Recibimos nos estudos a visita deo Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez, que nos ven a informar da "XVI Fiesta del Botillo en Cataluña", prevista para o vindeiro día 29 deste mes de febreiro. Tamén aproveitamos para falar con don Jesús Álvarez Alvarez, cura-párroco de Cacabelos e outros pobos do Bierzo. Foi elixido "Berciano Ilustre 2020" pola súa faceta sacerdotal, pola súa dedicación especial na recuperación e restauración de moitas igrexas e ermitas da zona, pola atención aos pelegríns da Ruta Xacobea, polo seu traballo a prol das Cofradías... etcétera. Felicitámolo e desexamos poder saudalo persoalmente nesa celebración no Hotel Front Air de Sant Boi.


A ultima intervención é da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente en Becerreá, Fernanda Follana Neira, que nos aporta a súa crónica informativa dos aconteceres daquela zona.


A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 6 de febrero de 2020

XOVES 6 de FEBREIRO do 2020

Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peciña musical para despois conectar con Galicia e falarmos con dona ROSARIO ALVAREZ BLANCO, Presidenta do Consello da Cultura Galega. Felicitámola por ter recibido, recentemente, o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de Persoa Física, e conversamos con ela para que nos dea un chisco de información sobre a Exposición na Galería do Paraninfo da Universidade de Barcelona: "Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936). Acudirá a Barcelona o día 11 a UAB onde se impartirá unha Conferencia a cargo de dona Rosario Mascato baixo o título: "Galeguidade e Traducción no Valle Inclán". Agradecémoslle a súa amable atención.


A segunda conversa é con Guadi Galego, que acaba de publicar o seu ultimo traballo: IMMERSIÓN. Tamén aproveitamos para felicitala por ter acadado o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado no 2020. Tamén está proposta para poder acadar o Premio MIN de Música Independente. Coméntanos a xira que está a realizar presentando este libro-CD, en Galicia, que virá a Barcelona -concretamente á Sala Luz de Gas- despois a Madrid, ao País Vasco... Desexámoslle moitos éxitos.


Continuamos con outro bocadiño de música e conectamos agora con ROBERTO REGAL, da Adega ENONATURE, na Ribeira Sacra. Cóntanos a súa experiencia na Exposición que tivo lugar en Barcelona ate o día 5 de febreiro. Está moi satisfeito deste grande evento e fálanos dos seus proxectos, dos seus traballos... Sempre aprendemos algo con este Adegueiro e Enólgo galego.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente na capital de Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada unha crónica con noticias escollidas e recomendacións moi axeitadas, tanto gastronómicas como festeiras e finaliza a súa intervención coas frases e ditos galegos que el mesmo anota na "súa libretiña pequena". Fermosa a súa aportación gráfica. ¡Moitas grazas!


A nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, tamén nos agasalla coa súa crónica de novidades e "cousas interesantes" dende Becerreá. E así trancorreu o noso programa de hoxe.


Voltaremos o vindeiro xoves. ¡Que teñades unha feliz semana!

sábado, 1 de febrero de 2020

XOVES, 3o de XANEIRO do 2020

Comeza o programa conectando con Galicia para falar con Rubén Xerente dos Embutidos Casa Castelao, con quen manten unha conversa-entrevista relacionada coa súa ctividade e cos productos tan exquisitos que están a producir. Agradecémoslle a súa aportación.


A segunda comunicación é con Manuel Vázquez Osorio, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos dá cumprida información das Actividades que veñen realizando e das que teñen previsto para esta tempada. Tamén nos comunica a recente visita e reunión de traballo cos diferentes membros doutras Asociacións Galegas, que tivo lugar na Sede da Asociación coa presencia do Ilmo. Sr.Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, don Antonio Rodríguez Miranda.


Conceta novamente con Galicia para falar con Xabier Moure, arqueólgo e investigador galego de prestixio, que nos explica as moitas achegas que o ano pasado se produciron naquela zona dos Ancares Galegos. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe.


Comentamos algunha noticia relacionada co Cine Galego, que está de celebración por ter acadado na ultima edición dos Premios Goya, nada menos que dúas estatuiñas: á mellor artista revelación, dona Benedicta e o Premio á mellor Fotografía, polo filme "O que arde", de Oliver Laxe.


E finalizamos o programa desexándolles unha feliz semana. O vindeiro xoves máis.