jueves, 26 de octubre de 2017

XOVES 26 de Outubro do 2017

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e conectando directamente con Galicia para falar con MARTIÑO MASEDA, escritor, poeta e gran dinamizador cultural na Terra Chá. Unha conversa-entrevista moi interesante para coñecer a traxectoria e creatividade que ven realizando.


Logo de escoitar unha peciña musical voltamos a conectar novamente con Galicia, concretamente co "Chef" do Restaurante "A Faragulla" (con certificado de Excelencia), don Antonio Lorenzo, que nos fai unha semblanza das ofertas gastronómicas que ofrecen nesa "Brasería" especializada en pratos con creatividade e moi demandados no seu local. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa.



Sección "Quen che Preguntou?" a cargo do noso colaborador e correspondente habitual, Xosé Manuel F. Montes, que dende a capital da Ribeira Sacra, sempre nos agasalla cunha viñeta alusiva aos contidos do programa, pero que nesta ocasión non puido ser, por mor de certas obrigas persoais. De tódolos xeitos os seus "Me Ghustan e Non me Ghustan", son un referente moi relevante da visión dos aconteceres semanais na nosa Galicia. Tamén nos envía a súa aportación creativa, en forma de "viñeta" alusiva a algún acontecemento de actualidade, que nos aproveitamos e colgamos neste blog. 


A ultima conversa-entrevista é con dona Beatriz Vila Freire, responsable de Turismo da zona Sur de Lugo, na Ribeira Sacra, que nos comenta unha serie de acontecementos e actos que se celebran estes días. Tamén comentamos o Concerto da nosa amiga CARMEN PENIN, que realizará no día de hoxe, concretamente ás 20:15 no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos.


Despedímonos ate o vindeiro xoves. Desexamos que pasen unha feliz semana.

viernes, 20 de octubre de 2017

XOVES 19 de Outubro do 2017

Comezamos unha nova emisión de radio en galego conectando directamente con Galicia, para manter unha conversa co Sr. Alcalde de Cervantes, don Benigno Gómez Padin, para que nos informe dos desastres que aconteceron esta semana pasada naquela contorna. Incendios e grandes destrozos. Menos mal que a chuvia axudou a apagar os lumes pois algunhas aldeas víronse asediadas polas lapas que foron apagando os propios veciños con carrocetas e tractores como puideron.


A segunda entrevista é con dona EMMA PEDREIRA, Licenciada en Filoloxía, Poeta, Escritora, a quen felicitamos polos recente premios acadados e aproveitamos para que nos poña ao corrente da súa nova producción creativa. Agradecémoslle a súa aportación.


Falamos con dona EUGENIA, das Adegas CONDES de ALBAREI, no Salnés. Coméntanos varias cousas relacionadas coa Adega moi interesantes e facemos referencia concreta á súa participación e colaboración na "IIIª GALA-Xantar de Galiciame" en Cambados, para a que facilitan as súas instalacións e aportarán o viño albariño do xantar. Tamén nos fala do Albariño do Pazo de Baión, que adquiriron recentemente e que representa un novo valor engadido ás Adegas.


A sección QUEN CHE PREGUNTOU? a cargo do noso correspondente habitual, Xosé Manuel F.Montes, sempre moi interesante, comentando os acontecidos na semana, e cos seus Me Ghustan, moi atinados e cheos de razoamentos moi atinados. Tamén nos envía a súa aportación creativa, en forma de dibuxo, relacionada co programa de hoxe.


Finalmente conectamos con Viana do Bolo, en Ourense, para falar co Sr.Alcalde don Secundino Fernández. Coméntanos a falta de recursos que tiveron para poder actuar en contra dos incendios que tamén produciron una desastre ecolóxico moi importante nos pobos de Pradocabalos, Bembibre, Castro... ... Algo que lamentablemente xa nos se poderá restutuír en moito tempo. Grazas á choiva o perigo atallouse, pero a perda nestas contornas é moi importante. Desexamos que, dentro da normalidade, se poida axudar, por parte da Administración, a eses damnificados neste desastre.


A vindeira semana voltaremos. Non deixedes de sintonizarnos. E graciñas por seguirnos.


viernes, 6 de octubre de 2017

5 de OUTUBRO do 2017

Comezamos o programa dándolles a ben-vida aos nosos oíntes e seguidores e escoitando unha peciña de música. Temos que agradecerlle a presencia nos estudos a don ANTONIO DÍAZ, Director da Revista LUA NOVA, colaborador e compañeiro de inquedanzas nas nosas Radios. A primeira comunicación-conversa é con AIDA do grupo musical  "Tanxugueiras". Ponnos ao corrente da súa traxectoria neste verán, así como das novidades e posible publicación dun CD para os primieros meses do ano que ven. Agradecémoslle a súa amable atención e despedímonos coa escoita doutra peciña musical.


Novamente trasladámonos a Galicia para falar con dona Mª Cristina Cid Fernández, Concelleira do Concello de Allariz, que nos fala das Xornadas de Carne de Boi e doutras moitas actividades que desenvolven nesta localidade Ourensana.


A intervención de XOSÉ MANUEL F. Montes no seu apartado QUEN CHE PREGUNTOU? fainos un repaso das súas reflexións e opinións ademais dos seus Me Ghusta e Non me Ghusta sempre interesantes. Despois achéganos a súa creación artística, relacionada con algunha das noticias do programa e que nos aproveitamos para compartir con todos vosoutros, neste blog.


Novamente conectamos con Galicia, coa Ribeira Sacra, para falar con dona María Xosé Yravedra, da Adega RONSEL DO SIL. Mantemos unha conversa chea de interese falando dos viños da súa adega e dos que se colleitan nesa Ribeira Sacra. Agradecémoslle o convite para visitar os seus viñedos e adega.


O vindeiro xoves non teremos programa (é festivo). ¡Disfruten!

jueves, 5 de octubre de 2017

28 de SETEMBRO do 2917

Comeza o programa dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Nesta ocasión non pode estar en directo Xulio Couxil, pero tentarase comunicarnos con el, alí onde se atope. A primeira comunicación-entrevista é con DANIEL de CAURELOR, que nos pon ao corrente das súas novidades nesa empresa familiar que está acadando tantos éxitos e que sempre nos atende con moita amabilidade. Desexámoslles moitos éxitos.


A segunda intervención é  co "CHEF" do Restaurante-vinoteca Merenzao, en Sober, concretamente no Mirador de Cadeiras. Un lugar espectacular na Ribeira Sacra no que se pode disfrutar dunha excelente proposta gastronómica chea de novidades, engado e fartura, para todos aqueles padares que desexen experimentar nun lugar feiticeiro da Ribeira Sacra. Agradecémoslle a súa atención.


Nesta segunda hora, como ven sendo habitual, temos a participación e comunicación do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e aproveitamos para darlle paso a Xulio Couxil, que tamén participa connosco.


Finalizamos coa intervención de XOAN CURIEL, o cantautor galego que sempre nos recibe moi atentamente e cóntanos as diversas actuacións deste verán, así como tamén nos informa das súas novidades musicais, tan interesantes.


A vindeira semana máis. 
Non deixedes de sintonizarnos.

21 de SETEMBRO do 2017

Na emisión de hoxe non estaremos "os de sempre", por mor de certas "obrigas" persoais de Xulio, que se atopa facendo o Camiño de Santiago, pero serán dúas horiñas de radio moi interesantes. Comeza conectando con Cambados para falar con dona MERCHI ALVAREZ, que nos fala da "IIIª Gala-XANTAR de GALICIAME" e doutras novidades moi importantes relacionadas co traballo que están levando a cabo nesa Asociación.


A segunda entrevista e a dona Mª ROSENDO, autora da novela "O Viaxe de EVA". Dende Moaña fainos un pequeno percorrido do que foi este traballo e da traxectoria persoal da súa escrita.


Na segunda hora conectamos con XOSE MANUEL, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e tamén intervén dende Galicia Xulio C. A participación en forma de debuxo está relacionada coa seguinte entrevista.


Falamos con ABEL BARANDELA, un pintor nado en Ourense, que se estableceu no Salnés, concretamente en Sanxenxo, e que pratica unha técnica moi especial de Etnopintura. Agradecémoslle a súa participación neste noso programa.