Comezamos o programa dándolles a ben-vida aos nosos oíntes e seguidores e escoitando unha peciña de música. Temos que agradecerlle a presencia nos estudos a don ANTONIO DÍAZ, Director da Revista LUA NOVA, colaborador e compañeiro de inquedanzas nas nosas Radios. A primeira comunicación-conversa é con AIDA do grupo musical "Tanxugueiras". Ponnos ao corrente da súa traxectoria neste verán, así como das novidades e posible publicación dun CD para os primieros meses do ano que ven. Agradecémoslle a súa amable atención e despedímonos coa escoita doutra peciña musical.
Novamente trasladámonos a Galicia para falar con dona Mª Cristina Cid Fernández, Concelleira do Concello de Allariz, que nos fala das Xornadas de Carne de Boi e doutras moitas actividades que desenvolven nesta localidade Ourensana.

Novamente conectamos con Galicia, coa Ribeira Sacra, para falar con dona María Xosé Yravedra, da Adega RONSEL DO SIL. Mantemos unha conversa chea de interese falando dos viños da súa adega e dos que se colleitan nesa Ribeira Sacra. Agradecémoslle o convite para visitar os seus viñedos e adega.
O vindeiro xoves non teremos programa (é festivo). ¡Disfruten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario