jueves, 26 de marzo de 2026

XOVES, 26 de MARZO do 2026

Outro xoves con todos vosoutros, para ofrecervos un programa de dúas horasa en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as alutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado, don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober, que nos informa da "XLVI Feira do Viño de AMANDI", prevista para os días 27, 28 e 29 de marzo vindeiros. Este mes ten a denominación "Mes do Amandi", con diferentes actuacións e actividades de interese. Terán como pregoeiro deste evento ao "Chef" do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno. Acaban de concederlle unha Estrela Michelín. Participarán na mostra nada menos que vinteduas adegas, tamén terán unha cata e entregaranse varios premios as adegas cos viños elixidos, nunca falta a participación da banda de música de Sober, haberá mostra de produtos da zona e artesanía, orquestras e charangas para amenizar neses días. Desexámoslle que teñan moito éxito.

Escoitamos unha peza do Grupo Musical LUAR NA  LUBRE, porque a segunda conversa-entrevista é con BIEITO ROMERO, fundador e director deste Grupo Folk. Están a realizar unha xira celebrando os seus 40 anos nos escenarios. Precisamente un dos seus Concertos desta xira, será o vindeiro día 11 no Casino de l'Aliança del Poble Nou, en Barcelona. Concretamente nese concerto presentarán algún dos temas que publicarán no próximo libro-CD previsto para o mes de maio próximo. Augurámoslles moitos éxitos e mandámoslles os noso mellores desexos.

Conectamos con Galicia para falar con XESÚS ALFONSO PARADA JATO d'Meiraos, escritor e artista plástico galego do Courel. Coméntanos que ultimamente está a realizar "Petropictos", que son obras pictóricas realizadas nas pedras, aproveitando a súa formación para realzar algún elemento dos que se representan na pedra. Coméntanos algunha curiosidade dos traballos que lle encargan e tamén nos fala do seu último poemario publicado: Ceuta y Psique. Está próximo a saír do prelo un traballo teatral ilustrado por el mesmo, que levará por título: "A aira dos ventos". Desexamos que teña moito éxito.

Seguimos escoitando a Luar na Lubre e esa peza sírvenos de fondo para recibir a VANESA BALBOA, membro da Xunta Directiva de FEGALCAT (Federación de Entidades Galegas en Cataluña) que nos informa da próxima celebración dunha Conferencia de relevancia, que impartirá Sergio Fernández Aldrey, co título: "Agrupacións e instrumentos tradicionais ao longo da historia da música galega". Celebrarase o domingo día 19 de abril no Centre Civic San Martí, na rua Selva del Mar, 215. Tamén nos comenta que teñen previsto realizar outro evento relacionado coa tradición e a música doutras Entidades no mes de maio, así como do día das Letras Galegas e a entrega dos Alecrís, para o verán. Desexamos que teñan moito éxito.

Finalizamos anunciando que este programa voltará a emitirse o vinderio xoves día 2 de abril, aproveitando que son vacacións de Semana Santa. Desexamos que teñna unhas felices vacacións e voltaremos o próximo xoves día 9 de abril, á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 19 de marzo de 2026

XOVES 19 de MARZO do 2026

Comezamos este xoves coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e unha peza do último disco deo Grupo Musical "Treixadura", para darlle a ben-vinda ao noso amigo investigador e escritor MANUEL RIVERO PÉREZ, que nos fala dun personaxe galego algo esquecido: Lino Novás Calvo. Un periodista, novelista e escritor galego que tivo unha grande producción literaria. Un grande contador de contos, traductor de personaxes relevantes da cultura. Agradecémoslle a súa aportación e detallada información sobre este personaxe, do que seguro publicará un libro e tamén ten previsto celebrar un congreso na súa localidade de nacemento. Desexámoslle moito éxito e procuraremos ofrecerlles as novidades que nos vaia comunicando.


A continuación poñémonos en contacto co Ilmo.Sr.Alcalde do Concello de Arbo, don HORACIO GIL EXPÓSITO, a quen parabenizamos e agradecemos a súa atención. Comunícanos que o vindeiro luns, día 23, estará en Cataluña para presentar, na sede da Asociación de Empresarios Galegos, a "LXVI Festa da Lamprea 2026", evento que repetirá no Centro Galego de Barcelona o seguinte día, martes 24 de marzo. Tamén nos comenta, mentre outras cousas, parte da programación prevista para os días 24, 25 e 26 de abril, que será cando se celebre. Foi declarada Festa de Interese Internacional. Agradecémoslle a atención que nos prestou e desexámoslle que teñan moitos éxitos.


Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?

Poñémonos en contacto con TONIÑO LÓPEZ, do Grupo Musical "Treixadura". Felicitámolo pola recente presentación do seu último traballo que leva por título: PORTALÉN, e que vimos escoitando dende o comezo do programa. Presentouse o sábado pasado, día 14, no Teatro A Fundación, de Vigo, acadando un grande éxito. Son 19 pezas musicais, novas no seu repertorio. Coméntanos que foi un traballo de investigación e recollida de moitos anos de traballo. Están moi satisfeitos e xa teñen axendados varios concertos próximos a celebrar. Tamén nos fala da páxina web que renovaron e está moito máis accesible para os interesados. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación.

Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora, e escoitamos o tema portalén, do disco.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 12 de marzo de 2026

XOVES 12 de MARZO do 2026

Un xoves máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben-vinda a Antonio Álvarez, que nos visita nos estudios. saludamos aos escoitantes e propoñemos a escoita dunha peciña musical para conectar con Galicia, e recibir ao Periodista e escritor don XOSÉ MANUEL DEL CAÑO, que foi o coordinador do libro: "A Virxe do Cristal. Lenda, Roubo, Asasinato", que a Deputación de Ourense publicou nada menos que catrocentos exemplares e deseguida se esgotaron. Segundo nos explica Xosé Manuel, preténdese facer unha nova edición, tamén venal, para que poida ser accesible aos interesados. Consistirá nunha edición posiblemente en pdf que será accesible por Internet, e na que se poderán ler e admirar os escritos e demais colaboracións de cincoenta artistas que colaboraron. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle que teña moito éxito.


A continuación escoitamos outro bocadiño de música, precisamente do Grupo Musical "Treixadura", do que lles ofrecemos, en primicia parte so seu ultimo disco que leva por título "Portalen". E recibimos ao Sr. Alcalde de Quiroga, don Xosé Luís Rivera, a quen felicitamos porque esta fin de semana, concretamente os días 14 e 15 de marzo, celebrarán a "XXVI Mostra do Aceite de Quiroga". Infórmanos, detalladamente, das diferentes actuacións e actividades que pretenden levar a cabo, e moi particularmente o nomeamento do embaixador do Aceite de Quiroga, que este ano recaerá no Chef do Restaurante "Culler de Pau" (O Grove) con dúas estrelas Michelin, don Javier Olleros. O desprazamento en autobús gratuito ao muiño histórico de Bendilló. A 1ª Mostra da Camelias en Quiroga... etcétera. Desexámoslle que teñan moito éxito.


Poñémonos en contacto con CRISTINA ROLDÁN LOMBARDÍA, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella. que nos pon ao corrente dasa diferentes actividades que celebraron recentemente e dalgunha das próximas a realizar, como é a participación do Grupo de Gaitas, próximamente no "San Patricio" en Madrid, a "Feira do Polbo" para o día 9 de maio, a Asemblea Xeral Ordinaria para o día 21 de marzo, o Pregón da Festa Major de Cornellà... Agradecémoslle a súa participación e detallada información. Que teñan moito éxito.

E comezamos unha charla.coloquio co noco convidado de hoxe nos estudios. ANTONIO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogal de Quintá de Cancelada. Ven de recibir a distinción como "Sendeiro Azul", pola Ruta Quintá - Río Donsal PR - G 159, da que foron promotores e realizadores. Parabenizámolo e escoitamos a súa detallada información sobre esa Ruta que ten nada menos que 18,2 quilómetros de lonxitude, e cinco tramos moi ben diferenciados e sinalizados.

 

Seguimos escoitando outro bocadiño de música e continuamos a conversa co noso visitante e contertulio, Antonio Álvarez. Fálanos do proxecto, de cómo será a continuidade, a implicación dos tres Concellos polos que discorre a Ruta, Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, así como a Deputación de Lugo... etcétera. e voltamos a escoitar outro bocadiño de música.

Finalmente fálanos do libro que editou, personalmente, e que leva por título. HUELLAS Y ACCIÓN DE UN ALMA RURAL, adicado á sua mai, Serafina da Casa da Chá en Quintá de Cancelada. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito na continuidade da Ruta, recentemente premiada. Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 5 de marzo de 2026

XOVES 5 de MARZO do 2026

Comezamos outra emisión do "Galegos no BAIX" de cada xoves. primeiro a nosa sintonía, as salutacións oportunas disculpando ao noso compañeiro ARMANDO Fernández, que se atopa algo indisposto, e desexamos que pronto se recupere. Propoñemos a escoita dunha peciña musical, para recibir á primeira convidada: ROSALÍA GT, artista interdisciplinar e escritora, que virá a Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà o vindeiro sábado para presentar un seu libro que leva por título: "Unha pedra no zapato". Coméntanos que non desexa que a súa presentación sexa un acto demasiado serio e académico, senón que propón unha aposta pola participación e un "faladoiro" para cambiar impresións a partir dunha pequena lectura que desexa comentar cos asistentes. Esta será unha parte da celebración do "Día da Dona" na Asociación, que contará, tamén coa participación das nosas "Rosalieiras" para amenizar musicalmente ese acto e despois teremos a degustación das aportacións culinarias que ofrecen as donas. Desexamos que teña moito éxito, e que disfrute dese acto tan entrañable.


A seguinte convidade é MARÍA FERNANDA LÓPEZ MARIN, Enxeñeira química que foi unha voluntaria que participou na construción e posta en marcha da Ruta "Quintá-Rio Donsal". Coméntanos que se sinto moi honrada en compartir e participar nese traballo, posto que o recoñecemento do PR-G 159, como Sendeiro Azul 2026, serve para valorar o territorio e o traballo colectivo que se desenvolveu durante varios anos desinteresadamente, con máis de cen voluntarios de diversos países de todo o mundo. Ela coincidíu cun chino e con dous italianos. Mañá, día 6, recollerá, xunto co Presidente da "Asociación Castaño e Nogal" (impulsaora do Sendeiro), don Antonio Álvarez, no castelo de Cullera, esta distinción. Parabenizámola, pola parte que lle toca e desexamos que siga colleitando moitos éxitos na súa traxectoria e na súa faceta profisional.

Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou?


Falamos con LAURA PRADO, da Asociación Amas de Casa de Mazaricos. Parabenizámola polo éxito que acadaron a semana pasada na celebración da "XXVII Festa do Bolo do Pote", na que repartiron máis de duas mil racións. Tiveron un tempo agradable e por eso a asistencia foi abondosa. Seica a degustación moi celebrada porque segundo os comensais estaba delicioso. Coméntanos algunha cousiña máis, relacionada precisamente coa ASociación, que non só traballan elaborando ese Bolo do Pote, senón que tamén achagáronse á Casa de Rosalía, en Padrón para compartilo con eles. Tamén celebran outras moitas actividades, entre as que salienta as clases de música e danza, e as excursións con guía incluido. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación de hoxe.

Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora. O "bulo" que tentou colarnos o noso corresponente era o que se relacionaba co posible Premio á sección Quen che Preguntou? Desexamos que teñan unha Feliz Semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro