Comezamos este xoves coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e unha peza do último disco deo Grupo Musical "Treixadura", para darlle a ben-vinda ao noso amigo investigador e escritor MANUEL RIVERO PÉREZ, que nos fala dun personaxe galego algo esquecido: Lino Novás Calvo. Un periodista, novelista e escritor galego que tivo unha grande producción literaria. Un grande contador de contos, traductor de personaxes relevantes da cultura. Agradecémoslle a súa aportación e detallada información sobre este personaxe, do que seguro publicará un libro e tamén ten previsto celebrar un congreso na súa localidade de nacemento. Desexámoslle moito éxito e procuraremos ofrecerlles as novidades que nos vaia comunicando.
A continuación poñémonos en contacto co Ilmo.Sr.Alcalde do Concello de Arbo, don HORACIO GIL EXPÓSITO, a quen parabenizamos e agradecemos a súa atención. Comunícanos que o vindeiro luns, día 23, estará en Cataluña para presentar, na sede da Asociación de Empresarios Galegos, a "LXVI Festa da Lamprea 2026", evento que repetirá no Centro Galego de Barcelona o seguinte día, martes 24 de marzo. Tamén nos comenta, mentre outras cousas, parte da programación prevista para os días 24, 25 e 26 de abril, que será cando se celebre. Foi declarada Festa de Interese Internacional. Agradecémoslle a atención que nos prestou e desexámoslle que teñan moitos éxitos.
Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?
Poñémonos en contacto con TONIÑO LÓPEZ, do Grupo Musical "Treixadura". Felicitámolo pola recente presentación do seu último traballo que leva por título: PORTALÉN, e que vimos escoitando dende o comezo do programa. Presentouse o sábado pasado, día 14, no Teatro A Fundación, de Vigo, acadando un grande éxito. Son 19 pezas musicais, novas no seu repertorio. Coméntanos que foi un traballo de investigación e recollida de moitos anos de traballo. Están moi satisfeitos e xa teñen axendados varios concertos próximos a celebrar. Tamén nos fala da páxina web que renovaron e está moito máis accesible para os interesados. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación.
Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora, e escoitamos o tema portalén, do disco.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario