jueves, 12 de marzo de 2026

XOVES 12 de MARZO do 2026

Un xoves máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben-vinda a Antonio Álvarez, que nos visita nos estudios. saludamos aos escoitantes e propoñemos a escoita dunha peciña musical para conectar con Galicia, e recibir ao Periodista e escritor don XOSÉ MANUEL DEL CAÑO, que foi o coordinador do libro: "A Virxe do Cristal. Lenda, Roubo, Asasinato", que a Deputación de Ourense publicou nada menos que catrocentos exemplares e deseguida se esgotaron. Segundo nos explica Xosé Manuel, preténdese facer unha nova edición, tamén venal, para que poida ser accesible aos interesados. Consistirá nunha edición posiblemente en pdf que será accesible por Internet, e na que se poderán ler e admirar os escritos e demais colaboracións de cincoenta artistas que colaboraron. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle que teña moito éxito.


A continuación escoitamos outro bocadiño de música, precisamente do Grupo Musical "Treixadura", do que lles ofrecemos, en primicia parte so seu ultimo disco que leva por título "Portalen". E recibimos ao Sr. Alcalde de Quiroga, don Xosé Luís Rivera, a quen felicitamos porque esta fin de semana, concretamente os días 14 e 15 de marzo, celebrarán a "XXVI Mostra do Aceite de Quiroga". Infórmanos, detalladamente, das diferentes actuacións e actividades que pretenden levar a cabo, e moi particularmente o nomeamento do embaixador do Aceite de Quiroga, que este ano recaerá no Chef do Restaurante "Culler de Pau" (O Grove) con dúas estrelas Michelin, don Javier Olleros. O desprazamento en autobús gratuito ao muiño histórico de Bendilló. A 1ª Mostra da Camelias en Quiroga... etcétera. Desexámoslle que teñan moito éxito.


Poñémonos en contacto con CRISTINA ROLDÁN LOMBARDÍA, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella. que nos pon ao corrente dasa diferentes actividades que celebraron recentemente e dalgunha das próximas a realizar, como é a participación do Grupo de Gaitas, próximamente no "San Patricio" en Madrid, a "Feira do Polbo" para o día 9 de maio, a Asemblea Xeral Ordinaria para o día 21 de marzo, o Pregón da Festa Major de Cornellà... Agradecémoslle a súa participación e detallada información. Que teñan moito éxito.

E comezamos unha charla.coloquio co noco convidado de hoxe nos estudios. ANTONIO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogal de Quintá de Cancelada. Ven de recibir a distinción como "Sendeiro Azul", pola Ruta Quintá - Río Donsal PR - G 159, da que foron promotores e realizadores. Parabenizámolo e escoitamos a súa detallada información sobre esa Ruta que ten nada menos que 18,2 quilómetros de lonxitude, e cinco tramos moi ben diferenciados e sinalizados.

 

Seguimos escoitando outro bocadiño de música e continuamos a conversa co noso visitante e contertulio, Antonio Álvarez. Fálanos do proxecto, de cómo será a continuidade, a implicación dos tres Concellos polos que discorre a Ruta, Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, así como a Deputación de Lugo... etcétera. e voltamos a escoitar outro bocadiño de música.

Finalmente fálanos do libro que editou, personalmente, e que leva por título. HUELLAS Y ACCIÓN DE UN ALMA RURAL, adicado á sua mai, Serafina da Casa da Chá en Quintá de Cancelada. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito na continuidade da Ruta, recentemente premiada. Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario