Comezamos o programa coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e unha peza de música de Luar na Lubre, porque tentamos poñernos en contacto con BIEITO ROMERO, o fundador e director deste famoso Grupo musical galego que cumnplen nada menos que 40 anos de traxectoria. Felicitámolo e agradecémoslle a súa amable atención. Están de xira, e xa levan realizado unha boa presa de Concertos neste ano, pero agora terémolos o día 5 de xuño próximo con motivo da Festa Galega de Can Mercader, en Cornellà, organizada pola Asociación C.G.Rosalía de Castro. Anúncianos que teremos a oportunidade de disfrutar coa presentación dalgún dos novos temas que se incluirán no próximo libro-disco que está a piques de publicarse. Desexámoslles moitos éxitos.

A seguinte peza é de ANTÍA MUIÑO, outra catautora e compositora galega, de quen escoitamos un bocadiño dunha das súas pezas, incluidas no seu ultimo traballo que leva por título: Anfibia por veces. Precisamente este traballo será o que virá a presentar na Sala Club Paralel,62 o vindeiro día 30 de maio. Felicitámola e e desexámoslle que teña moito éxito.
Recibimos a IRIA, da Irmandade Galega de Rubí, que é a coordinadora do "IX Certame de Literatura Relato Curto, Manoel Rivas". Cóntanos que se recibiron más de cento cincoenta escritos ou relatos, que foron evaluados por un xurado elixido pola Entidade e xa teñen os títulos que serán premiados no día de mañá, venres 29 de maio, con motivo da inauguración da Festa da Letras e do Camiño en Rubí, a partir das 19h da tarde, na Rambla do Ferrocarril, en Rubí.

Tamén falamos coa Presidente da "Irmandade Galega de Rubí", dona Silvia Castañeda, que nos informa da "Festa das Letras Galegas e do Camiño, que se realizará, como dixemos, os días 20, 30 e 31 de maio próximos na Rambla do Ferrocarril de Rubí. Comezarán coa impartición de dúas Conferencias, a lectura e entrega dos respectivos diplomas aos gañadores do "IX Certame de Relato Curto Manolo Rivas", e despois da degustación gastronómica correspondente haberá festa e verbena amenizada por varios Grupos musicais. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moita audiencia e participación.

A charla con PEPE FORMOSO, sempre é unha pequena aprendizase de comunicación. Infórmanos da celebración do cento vintecinco aniversario do Centro Galego de Barakaldo, onde asistiu para participar na homenaxe a Kepa Junquera. Estivo acompañado por musicos galegos de prestixio, e contaron coa presencia da filla de Kepa e da súa mai. Tamén nos comenta a súa viaxe a Burgos para entregarlle o XIII Premio Internacional Aymerik Picaud, a Francisco Fangul, concedida pola Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago Francés e que recoñece a súa traxectoria na investigación, estudo e divulgación do fenómeno xacobeo.
Despedímonos dos escoitantes e seguidores ata o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.