jueves, 14 de mayo de 2026

XOVES 14 de MAIO do 2026

Un novo programa, este xoves. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e propoñemos a escoita da peza "Begoñísima" interpretada por Uxía e Malvela, para recibir a VANESA BALBOA, da Federación de Entidades Galegas en Cataluña (FEGALCAT), coa que mantemos unha conversa moi amena, para recibir información da próxima celebración esta fin de semana, o 16 de maio, no Centre Civic Cotxeres Borrell de Barcelona: Festival Intercultural de música e canción Tradicional, no que participarán a Irmandade A nosa Galicia de Mollet, Grupo Kredo de Ucrania, Dulzaina Sierte de Castela e León, Cantoría Re-Quinto de América e a Cova da Serpe de Barcelona. Tamén nos comenta que o vindiero día 29 de maio celebrase unha Conferencia que impartirá a Profesora e Escritora Pura Salceda, sobre a vida e obra de Begoña Caamaño, no Salón de Tinell do Concello de Barcelona. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con FERRAN BOTIFOLL, responsable do Grupo Amateur de Teatro "Denigrantes Comediantes" que acaban de estrenar o domingo pasado, en Nigrán, un novo proxecto teatral que leva por título "O QUE CALAMOS". Fainos unha pequena descrición dese traballo teatral tan interesante, co que recibiron unha excelente acollida e moita participación dos veciños e interesados. Precisamente grazas a esa actuación e demanda tiveron unha actuación nas Pontes e tamén foron reclamados para unha actuación próxima en Goián. Augurámoslles moitas máis actuacións e "bolos" para seguir disfrutando coa súa proposta teatral tan interesante.

Poñémonos en contacto con BEATRIZ VILA FREIRE, responsable en Monforte, da Asociación de Empresarios da Hostelería da provincia de Lugo. Parabenizámola, porque nos informa da celebración que están a realizar cada xoves deste mes de maio, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. Ese evento leva por título: "Marida MAIO", que xa vai pola súa 3ª Edición, na que se pode disfrutar da enogastronomía, con mostra de adegas e os seus viños, exposición de artesanía e oleiría. Segue a traballar nesa grande mostra gastronómica sendo unha grande embaixadora do "Para comer Lugo". Agradecémoslle a súa información detallada e desexamos que teña moitos éxitos.

Conectamos con JUAN CARLOS ARMESTO, Ilmo.Alcalde do Concello do Saviñao. Fálanos da "XX Festa do Viño e da Cereixa de Belesar", organizada pola Asociación desa localidade e patrocinada polos concellos de Saviñao e Chantada. Será esta fin de semana, os días 16 e 17 de maio. Unha celebración que conta cunha traxectoria excelente. Haberá unha carpa onde estarán os expositores cos seus produtos, especialmente as adegas e os propios produtores de cereixas para degustación dos asistentes. Tamén terán música pra amenizar o evento. Agradecémoslle a súa colaboración informándonos e desexamos que teñan moito éxito e moita asistencia para disfrutar entre todos.

Informamos de diversas actuacións ás que asistirá a Banda da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Esta fin de semana. días 16 e 17 de maio, en Badalona, participando na Festa que organiza a Asociación C.G.Agarimos de Badalona. A seguinte fin de semana tamén actuarán na Festa do Camiño organizada pola Asociación Irmandade Galega de Rubí, prevista para os dias 29, 30 e 31 de maio próximo. Tamén informamos da próxima celebración da "Festa Galega de Can Mercader" para os días 4, 5, 6 e 7 de xuño próximo. Concretamente a A.C.G.Rosalía de Castro será a encargado do pregón da "Festa Major de Cornella" o día 4 ás 21 horas. Aproveitamos para despedirnos de tódolos nosos escoitantes.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario