Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Temos que disculpar ao noso compañeiro
ARMANDO FERNÁNDEZ, que sigue recuperándose, desexándolle que pronto se recupere e nos acompañe aquí nos estudios. Escoitamos unha peza de música que pertence a
NELSON QUINTEIRO. Precisamente con el conectamos para que nos informe da súa traxectoria, tanto musical como creativa. A conversa e información recibida está chea de moitas e interesantes aportacións. Os interesados poden recoller máis información na súa páxina:
https://www.nelsonquinteiro.com/. Fálanos da súa creatividade, da música, especialmente da musicoterapia, de "Mais Cantos"... etcétera. Disfrutamos coa súa aportación de hoxe. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e prometemos voltar a poñernos en contacto con el para que nos siga axudando a coñecer, máis polo miúdo, a súa traxectoria creativa. Desexámoslle que teña moito éxito.
Escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con
XOSÉ LOIS ROMERO, a quen felicitamos polo seu traballo creativo "a banda sonora orixinal" do espectáculo "A serie Clope", do Centro Dramático Galego. Mantemos unha conversa distendida e moi interesante sobre ese último traballo así como tamén do disco "Latexo" de
Xosé Lois e Aliboria. está esgotado. Anúncianos que está a traballar para poder ofrecernos un novo disco que ten previsto se publique a principios do vindeiro ano 2027. Estaremos atentos. Desexámoslles que teñan moitos éxitos.
Poñémonos en contacto co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Está dividida en tres apartados precedidos dunha entradiña musical, onde vai debullando novidades e informacións. Finaliza cunha colaboración que ofrece un refrán ou dito galego.
Conectamos con
XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "
Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet. Infórmanos da iniciación do cruso 2026/27, coas clases, da obra de teatro solidario no teatro Segarra de Santa Coloma, onde recolleron tres toneladas e media de alimentos, da próxima actuación nas "Festas do Pilar" en Zaragoza, da próxima celebración da "Festa Cultural e Gastronómica, do Pulpo e do Marisco" prevista para os días 15, 16, 17 e 18 de outubro. Felicitámolo polo traballo que levan adiante e desexamos que teñan moito éxito.
Damos a coñecer unha noticia relacionada coa publicación do número 55 da revista "Raigame", adicada exclusivamente á figura de don Ramón Otero Pedraio. Os interesados poden solicitala á Deputación Provincial de Ourense. E aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario