Neste último programa desta tempada 2025/2026, comezamos coma sempre coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e dándolles a ben-vinda. Tiñamos previsto conectar con Álvaro, responsable do Centro Social A Pedreira de Pontevedra, pero agora mesmo non está accesible. Tentarémolo máis tarde e aproveitamos para darlles a coñecer unha noticia relacionada con este Centro Social, e moi importante, xa que acaban de recibir unha sentencia xudicial favorable. Escoitamos algo máis de música.

A continuación poñémonos en contacto con ANA VILA PORTOMEÑE, a Poeta Labrega de Taboada. Felcitámola polo seu traballo creativo e pola súa participación no Colectivo "Nexo Artistas Lugo", tamén nos comenta algunhas cousas máis relacionadas coa súa activa colaboración noutras formacións e concretamente coas "Facedoras de Lugo", así como tamén cos de "Fademur", esa Organización que representa, defende e presta servizo a milleiros de mulleres que viven e traballan no medio rural de toda España. Parabenizámola. E para despedirse agasállanos coa lectura do poemiña que lle adicou ás Facedoras de Lugo. ¡Moitas Grazas, ANA!
Agora, sí que conectamos con
ÁLVARO, do Centro Social "A Pedreira", en Pontevedra. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Primeiro coméntanos o asunto da sentencia favorable que lles concederon, relacionada coas axudas e sub-vencións e axudas que lles tiñan denegadas, pero que agora pronto as recibirán. Cóntanos cales son os principais obxectivos deste Centro Social, e moi específicamente a que acaban de celebrar con motivo do San Xoan. Felicitámolo e desexámoslles moitos éxitos.
Falamos con
ALBERTO MILLÁN BETANZOS, un dos compoñentes de
"Os Monifates". Son un duo formado por Alberto e Xosé Piñerio Pérez, cunha grande traxectoria musical e creatividade lutier, que se xuntaron aló polo 2013 para deseñar ese proxecto que contén as súas inquedanzas artísticas e tradicionais relacionadasa coa música, o baile, os monicreques e a cultura galega en xeral. Mantemos unha conversa distendida e interesante. Ademais de agradecerlle a súa participación de hoxe tamén nos fala da súa traxectoria de máis de 10 anos de existencia, veñen de actuar e participar no "Ribeirocreques".
Recibimos ao noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que contén os tres apartados tan característicos. Sentimos moito non ter dado o resultado, en directo, o "bulo" que tentou colarnos na súa primeira intervención do "Bule-Bulo", aínda que coido que tódolos nosos escoitantes e seguidores atopárono deseguida. Si, era a terceira noticia: A Empresa de desbroces. Disculpade o noso erro.
Aproveitando as músicas que temos de fondo enviamos os mellores desexos para todos vosoutros, escoitantes e seguidores. Despedímonos ata o mes de setembro que voltaremos con moitos azos para reanudar este programa. continuaremos tódolos xoves á mesma hora de 16 a 18h horas da tarde. ¡Que teñades un FELIZ VERÁN!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario