jueves, 26 de octubre de 2017

XOVES 26 de Outubro do 2017

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e conectando directamente con Galicia para falar con MARTIÑO MASEDA, escritor, poeta e gran dinamizador cultural na Terra Chá. Unha conversa-entrevista moi interesante para coñecer a traxectoria e creatividade que ven realizando.


Logo de escoitar unha peciña musical voltamos a conectar novamente con Galicia, concretamente co "Chef" do Restaurante "A Faragulla" (con certificado de Excelencia), don Antonio Lorenzo, que nos fai unha semblanza das ofertas gastronómicas que ofrecen nesa "Brasería" especializada en pratos con creatividade e moi demandados no seu local. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa.



Sección "Quen che Preguntou?" a cargo do noso colaborador e correspondente habitual, Xosé Manuel F. Montes, que dende a capital da Ribeira Sacra, sempre nos agasalla cunha viñeta alusiva aos contidos do programa, pero que nesta ocasión non puido ser, por mor de certas obrigas persoais. De tódolos xeitos os seus "Me Ghustan e Non me Ghustan", son un referente moi relevante da visión dos aconteceres semanais na nosa Galicia. Tamén nos envía a súa aportación creativa, en forma de "viñeta" alusiva a algún acontecemento de actualidade, que nos aproveitamos e colgamos neste blog. 


A ultima conversa-entrevista é con dona Beatriz Vila Freire, responsable de Turismo da zona Sur de Lugo, na Ribeira Sacra, que nos comenta unha serie de acontecementos e actos que se celebran estes días. Tamén comentamos o Concerto da nosa amiga CARMEN PENIN, que realizará no día de hoxe, concretamente ás 20:15 no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos.


Despedímonos ate o vindeiro xoves. Desexamos que pasen unha feliz semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario