martes, 23 de abril de 2013

23 de ABRIL do 2013

Neste martes comezamos felicitando a tódolos JORDIS e enviando unha salutación á familia de MANUEL PIÑEIRO, compañeiro nas lides radiofónicas e que sempre levou coma estandarte na súa comunicación o espallamento da nosa lingua galega e as nosas cousas. Finou hai uns días. Dende esta nosa humilde fiestra, enviámoslles as nosas máis sentidas condolencias. 
Deseguida conectamos coa Capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - como cada semana, para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o noso apreciado colaborador que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre lle inserta un sentido moi particular e característico coa súa interpretación retranqueira.

Na segunda parte do noso programa falamos co amigo ALFREDO GONZALEZ VILELA, cantautor galego que sempre ten algunha novidade interesante que ofrecernos, e anúncianos diversas actuacións nas que ten previsto actuar en vindeiras datas: o día 11 de maio, na A.C.G.Rosalía de Castro, ás 6 da tarde; no Orfeó Catalá, o día 18 de maio na representación teatral de "Anduriña": Os Vellos non deben namorarse e o día 25 de maio novamente na A.C.G.Rosalía de Castro, na Conferencia que imnpartirá don ANTONIO ALVAREZ GONZALEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira, que versará sobre a recuperación do Sendeiro de Quinta-Río Donsal.

Lembrade que voltamos a re-emitir este nodo programa os domingos de 13h á 14 horas.
A vindeira semana voltaremos e agardámosvos a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario