miércoles, 10 de abril de 2013

Programa do martes pasado

9 de ABRIL do 2013.
  Comezamos dándolle a benvida a tódolos nosos seguidores e amigos. Conectamos coa capital da RIBEIRA SACRA, para falarmos con XOSÉ M.MONTES, o noso correspondente, que dende Monforte de Lemos sempre nos imforma moi polo miúdo das novidades que el mesmo escolle, relacionadas coa actualidade galega. Nesta sección que titulamos QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre teñen cabida unha serie de "sentencias retranqueiras" que o noso amigo e colaborador confecciona con moito tino e cun sentido do humor moi axeitado. 

 Na segunda parte do noso programa conectamos con VICTOR GRANDE, cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto e galego, como el mesmo se define. Unha persoa moi interesante e moi especial, que virá a Barcelona a realizar dúas actuacións, presentado polo noso amigo ALBERTE MONTES. Desexámoslle que recolla moitos éxitos nas súas intervencións. 

 A vindeira semana voltaremos. 
Non se esquezan de que o DOMINGO ao mediodía (de 12 a 13horas) reemítese este noso programa en RADIO SANT BOI. Agardámolos o vindeiro martes á mesma hora, de 16 a 17horas, con moitas máis noticias e entrevistas, mesturadas con boa música galega, chamdas e intervencións interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario