jueves, 20 de febrero de 2014

20 de FEBREIRO do 2014

Un xoves máis coa nosa audiencia e seguidores. Nesta ocasión comezamos propoñéndolles escoitar unha das pezas populares máis famosas (O Pousa) e que figura en moitos dos álbumes exitosos do Grupo A RODA, para depois poñernos en contacto con ALFREDO VILLALBA, fillo do finado FITO, creador e fundador deste nomeado Grupo de música tradicional galega. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, cando presenten o seu ultimo traballo que xa ten título: Unha Volta de Roda. Enviámoslle os nosos parabens e desexámoslle que continúen tendo moitos éxitos.


Agora damos cumprida información dalgunhas das novedades e noticias que nos chegan á nosa Redacción, e que fan referencia á nosa cultura galega en xeral: 50 anos da revista Grial, Publicación dun libro pola Fundación Rosalía, Play-Doc, 10º Aniversario do Festival de Documentais de Tui e elección do mesmo como un dos dez mellores Festivais Internacionais... etcétera...

Na segunda hora temos a honra de contactar co Sr.Alcalde de Viana do Bolo: Don ANDRES MONTESINOS, que nos axuda a facer un pequeno percorrido pola próxima celebración do Entroido Vianés (hoxe concretamente están a celebrar o Xoves de Compadres, coa colocación - ou pendurado- do lardeiro no medio da praza e reparto de fariña). Tamén aproveitamos para que nos fale da "44 FESTA da ANDROLLA", que ven sendo unha das máis antigas festas gastronómicas de Galicia. O menú deste evento é de mencionar: De primeiro sopa con picatostes; de segundo, cocido con androlla, cachelos, grelos, chourizo, lacón; de terceiro, cabrito asado, e postres da vila: bica e vianos (bombóns recheos de mel), para acabar co café con gotas e queimada de colofón final. Un banquete que veñen celebrando todos estes 44 anos ao que concorren máis de 3000 persoas. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa atención e voltaremos a incomodalo noutra ocasión para que nos teña ao corrente das novidades e celebracións que acontezan en Viana do Bolo.

A intervención final do programa é a do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.MONTES, que nos fai unha disertación algo relevante do quefacer galego, para coñecermos máis polo miúdo, o que está a acontecer na nosa Terra, e despídese sempre con algunha que otra sentencia moi ocurrente.


Desexamos que nos volvan a sintonizar a vindeira semana á mesma hora: de 4 a 6h da tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario