jueves, 26 de junio de 2014

Ultimo programa desta tempada

XOVES 26 de XUÑO do 2014

Para despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, este programa de hoxe tivemos a ocasión de falar con ANDRES PENABAD, Profesor Acordionista de As Pontes (A Coruña) que ven de publicar o seu primeiro Disco CD "Crossings". Mantemos con el unha conversa moi interesante e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras ocasións. 

As noticias que chegan á nosa Redacción fan que lle adiquemos un chisco de tempo para comentalas, e centrámonos nos comentarios relacionados coa recuperación do Carballo Anano (Quercus Lusitanica Lam) e o Lirio do monte (Iris Boissieri) no Monte Pindo-Parque Natural, despois dos incendios sofridos o verán pasado.

Na segunda hora conectamos con Monforte, a captial da Ribiera Sacra, para que o noso correspondente Xosé Manuel F.Montes nos relate os sucedidos e escollas que sempre nos ofrece na súa sección: QUEN CHE PREGUNTOU?

Denantes de despedírmonos voltamos a facer algúns comentarios sobre as novidades musicais galegas e facémonos eco do recente traballo publicado polo grupo de música retrovanguardista "ULTRÄQUÄNS". Tamén aproveitamos para felicitar á nosa amiga SES (María Xosé Silvar), que ven de recibir o Premio LEIXAPREN 2014, pola súa promoción da língua galega e que entrega cada ano, desde o 1999, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística Galega. Os votos dos Profesores e alumnos foron os que decidieron este premio.

E despedímonos ate o mes de setembro, que voltaremos desexando que teñades un ¡Moi Feliz Verán! e que voltemos todos con moitos azos e coas "pilas" cargadas para poder afrontar unha nova tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario