viernes, 20 de junio de 2014

19 de XUÑO do 2014

No programa de hoxe ofrecémoslles variedade e moita información comprimida. Axudámonos da nosa música gallega para irmos adubiando as conversas que mantivemos e tentamos facerlles agradables estas dúas horiñas de radio en galego.
Nun primeiro momento falamos da "FESTA Galega" de Can Mercader, organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, e propoñémoslles escoitar algunha peza musical galega.

A seguinte intervención-entrevista é con CARMEN PENIN, de "2na FRONTEIRA", que nos atende moi amablemente e comentamos con ela os seus traballos e actuacións, así como os proxectos de futuro que teñen previsto realizar. Agradecémoslle a súa dedicación e desexámoslles moitos éxitos,  prometéndonos voltar a comunicar con ela para que nos siga informando das súas creacións.

De seguido comunicamos co Presidente da Asociación C.G.Rosalía de Castro, don ALFONSO RICO, que nos debulla moi detalladamente os actos previstos realizar nos 3 días de Festa en Can Mercader.


Falamos agora co don ELADIO PIÑEIRO, da Adega familiar do mesmo nome, con quem mantemos unha conversa moi agradable e moi enriquecedora sobre a elaboración dos viños que produce na súa propiedade, e moi detalladamente sobre o viño albariño ENVIDIA COCHINA. Agradecémoslle a amable atención que nos dispensa e voltaremos a conectar con el en videiras ocasións.

Enchémonos de ledicia ao voltar a comunicar con SES, María Xosé Silvar, a nosa cantautora galega máis "rompedora" no eido musical  galego, que nos recibe moi amablemente. Coméntanos varias das súas ultimas actuacións e do moitísimo traballo que ten por diante para este verán. Anúncianos, en primicia, que seguramente para o outono teremos a oportunidade de disfrutar da súa presencia e actuación en terras catalanas. Felicitámola e desexámoslle que siga acadando éxitos "a barrer".

A vindeira semana voltaremos con máis informacións e entrevistas. ¡Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario