jueves, 3 de mayo de 2018

XOVES 3 de MAIO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia. Falamos con MIRIAM FERRADÁNS, escritora e poeta á que felicitamos pola súa traxectoria recente, presentación dun seu libro, presentadora da "Ponte Poética de Pontevedra" xunto a grandes figuras da nosa literatura galega, próxima participación nos Vermuts Literarios de Combarro... etcétera. Unha grande honra ter a súa colaboración na nosa radio.

Despois trasladámonos á cidade de Lugo para falarmos con HORACIO LÓPEZ, "Chef" do Restaurante "ESPAÑA" desa cidade galega, para que nos informe das moitas ofertas gastronómicas que se poden degustar nese restaurante que ven de cumplir nada menos que 100 anos de existencia. Felicitámolo. O prato "estrela" dese Restaurante é o boi. Unha especialidade que ademais coidan con moitísimo esmero e dedicación xa que dispoñen dunha granxa propia en terras de Portomarin. Despois agradecémoslle a súa amable atención.

A terceira intervneción-conversa é con don RICARDO RODICIO, Concelleiro de Cultura da Pobra do Brollón, que ademais de informarnos da "XXVII Feira-Festa do Viño de Vilachá" tamén aproveitamos para que nos fale das ofertas que podemos atopar nesa localidade lucense,chea de engado.

E para finalizar voltamos novamente a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, onde nos recibe a escritora, traductora crítica literaria e editora dona ANXELA GRACIAN, que nos fala da súa traxectoria creativa. Felicitámola pola escrita e presentación dese libro en homenaxe a un personaxe (o lobo Garimoso) creado por María Victoria Moreno, a quen se lle adican as Letras Galegas este ano: "Doce cartas a María Victoria Moreno". En vindeiras datas voltaremos a solicitarlle que nos atenda para continuar a conversa que hoxe fíxosenos curtiña.

Despedíamonos ate o vindeiro xoves. Non deixedes de sintonizarnos e pasade unha feliz semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario