jueves, 27 de noviembre de 2025

XOVES 27 de NOVEMBRO do 2025

Comezamos esta nova emisión coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado: XOSÉ CANOSA, Presidente da Asc.Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet". Saludámolo e enviámoslle as nosas condolencias polo recente pasamento de José Paredes, membro da Xunta Directiva. Condolencias que transmitimos á súa familia. Noutra orde de cousas aproveitamos para felicitalo porque acaban de concederlle o Premio Climent Mur. Tamén nos facemos eco, e felicitámolo, pola parte que lle toca, xa que tivo unha participación interesantísima o Grupo Airiños da Nosa Galicia no 5º Concurso de Conxuntos Instrumentais con Gaitas Galegas na cidade de Alicante, organizado polos os amigos de @c.galegoalicante. Outro dos actos a ter en conta é a "11ª Recollida e entrega de Mantas". Unha aportación solidaria importante. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con PABLO RIVERA BUA, Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial formada polos municipios de Chaves (PT) e Verín (ES) Eurocidade Chaves-Verín... Recibimos informacións diversas relacionadas con Chaves (en Portugal) e Verín (na Galiza). Publicacións e coordinacións de moito interese, que forman parte do devir diário desas localidades próximas e que teñen en común moitas afinidades que se poden realizar, tal e como el mesmo nos anima e convida a participar: O Termalismo e as augas medicinais en Verín e ao outro lado da Raia, o disfrute de aloxamentos extraordinarios e percorridos interesantísimos, os viños con Denominación de Orixe, tanto en Verin como en Tras Os Montes e a gastronomía de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

A seguinte participante é LORENA PINHEIRO, contadora de historias e pensatempos, como ela mesmo se define, pero que nesta ocasión temos que parabenizala pola escrita do libro que leva por título: "TAMEIGA: O AGROMAR DA MEMORIA". Aproveitamos tamén para recibir a participación de Alberto Canle e Cesar, Presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. Unha conversa moi interesante que poden escoitar no enlace que deixamos ao final desta descrición. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Conectamos novamente con Galicia para falar con SANTIAGO PIMENTEL, Presidente da Asociación Sociocultural SABUGUEIRO, de A Rúa Vella. Felicitámolo porque o día 27 de decembro celebrarán a "XXII Festa da EMPANADA de COSTRELAS". Convida a participar a tódolos nosos escoitantes, e poden adquirir os tiques via redes sociais. Aproveitamos para conversar uns minutiños sobre a desgrazas que padeceron este verán cos incendios terribles que asolaron a zona. Aínda hoxe non acaban de afacerse ao sucedido, porque todo o que rodea a localidade está completamente queimada. Grandes perdas e sucesos de moitísima tristura xa que algunhas aldeas foron pasto dos incendios. Ogallá se poidan recuperar e restaurar esas perdas. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que esa Festa sexa todo un éxito.

Despedimos o programa con música, ata o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!

Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario