Outra emisión máis, comezando coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, para recibir ao primeiro convidado. ANGEL MANUEL CASTRO, recepcionista, que foi, do Albergue "Bela Muxía". Parabenizámolo que ter acadado a súa xubilación e recibir o sábado pasado unha Homenaxe, por parte de moitísimas persoas amigas e tamén dos administradores do propio albergue. Coméntanos algunhas anécdotas entrañables e situacións moi especiais, que tivo a ocasión de vivir. A súa atención cara os clientes e peregrinos sempre foi moi ben recibida e sempre contou con moito agradecemento por parte das persoas as que tivo que atender, e a outras moitas que acompañou para que poideran disfrutaar do entorno, da natureza e do patrimonio cultural de Muxía e da súa gastronomía. Agradecémoslle a súa atención.
Conectamos novamente con Galicia para entrevistar a RUBÉN GUTIÉRREZ, que nos fala do seu proxecto musical "Peitoescuro". Precisamente escoitamos un seu primeiro tema "alvorada", para recibilo e coméntanos cómo foi a súa aposta e escolla para decidirse a establecerse nunha aldea de Quiroga e formar unha familia. Traballar e compoñer música. Agradecémoslle que nos faga partícipes desa grande creatividade musical, e adiántanos que pronto presentará un novo tema. Desexámoslle moitos éxitos e despedímolo cun segundo tema del: Metamorfose.
Recibimos a crónica do noso correspondente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, en Monforte de Lemos, encargado da sección: QUEN CHE PREGUNTOU?, no que podemos escoitar as tres sub-seccións tan enriquecedoras para nosoutros e para os nosos escoitantes e seguidores: O bule bulo, Que pasa que pasa na Ribeira Sacra e Sabedoría Popular. Sempre é un pracer poder recibir as súas aportacións ao programa.
Entrevistamos a DOMINGO BLANCO BLANCO, Foilólogo, investigador, recopilador e co-autor, xunto con Carlos Nogueira, dun "Cancioneiro Galaico-Portugués" que se presentará próximamente no "Culturgal-2025 de Pontevedra". Fainos unha descrición moi completa e detallada de cómo se confecinou este libro, que editou a Deputación de A Coruña. Tamén nos agasalla coa lectura dalgúns traballos recollidos no libro, textos de grande similitude entre os que se cantaban en Galicia e casi idénticos os que se cantaban en Portugal e, que foron trasmitidos pola tradición oral. Parabenizámolo e desexámoslle moitos éxitos.
Despedimos o programa e dessexamos que volvan a escoitarnos o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario