Publicamos o último programa deste ano 2025. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado:
JONATHAN FERREIRA VÁZQUEZ, un Profesor de Música Galega con moita experiencia a quen parabenizamos polo seu traballo e mantemos unha conversa-entrevista interesante e novidosa. Coméntanos cómo son as clases que leva impartido por moitos dos Centros Galegos do mundo, pero moi especialmente as recentes na
A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, da que se sinte moi orgulloso e honrado polo trato que recibe. Fálanos e convídanos a asistir ao Concerto
"26 Festival Mil.lenni"que se celebrará os días 29 e 30 de decembro no Palau da Música de Barcelona, impartido por Carlos Núñez, e no que participará Jonathan precisamente, xunto coa banda da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro. Desexámoslles moitos éxitos.

A seguinte conversa é con MÍRIAM MARTÍ, Periodista galega que traballa en "Banyoles Tv". Estivo no "39 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" o pasado sábado. Agradecémoslle a súa participación e aproveitamos para felicitarlle estas Festas Nadalencas e desexarlle un próspero e venturoso aninovo 2026.

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección "Quen che Preguntou?", cos seus tres apartados tan ben argallados, e precedidos dunha entradriña musical: Bule, Bulo... Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra e Sabedoría Popular... Desexámoslle Boas Festas e ventureiro aninovo.
Conectamos novamente con Galicia para recibir a
MAR LÓPEZ SOTELO, investigadora, escritora e fotógrafa, xunto con
RAFA AGUIAR de Radio Monforte. Felicitamos a Mar pola publicación do libro
"Esgrafiado Galego. Un Museo ao aire libre" que recolle moitísimas fotografías deses traballos que se atopan en múltiples casas rurais, e moi especialmente na Ribeira Sacra. Tamén comentamos con Rafa a súa faceta divulgadora e posta en valor desas publicacións de Mar. Agradecémoslles a súa participación de hoxe no programa e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Despedimos o programa dando a coñecer cal foi o "bulo" que tentou colarnos o noso correspondente Xosé Manuel, e aproveitamos para desexarlle a tódos os nosos escoitantes, seguidores e simpatizantes, unhas Felices Festas do Nadal e un feiticeiro aninovo 2026. Voltaremos o 8 de xaneiro do 2026.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario