Comezamos outra emisión máis de "Galegos no BAIX" conectando con Galicia para falarmos con BALBINA - Silvia Cerneira - Que é voz do Grupo musical "A Banda da Balbina". Escoitamos unha peza musical do Grupo e falamos con ela da creación do Grupo, da traxectoria e dos concertos así como das súas composicións e do ultimo CD : "Con cebola ou sen cebola". Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe e prometémonos voltar a conectar con eles para que nos sigan a informar das súas novidades, desexándolles moitos éxitos.
A segunda entrevista é coa poeta "Emilia Martínez Fuentes", que nos fala da súa poesía e det+emonos a comentar un bocadiño do seu libro: "Lendas e versos". Tamén nos fala do próximo libro que levará por título: "Bágoas de sangue". Agasállanos coa lectura de dous poemas da súa autoría, que agradecemos moi afervoadamente.

Despois falamos con Fernanda Follana Neira, que tamén fai a súa participación informativa e novidosa, moi interesante, relacionada coa zona dos Ancares e tamén de O Courel, que visitou moi recentemente e fainos un pequeno percorrido pola zona.
E despedímonos ate o vindeiro xoves...