Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores. Tiñamos previsto entrevistar a unha personalidade moi importante e moi grande na comunicación en Galicia, pero, por motivos que despois nos confirmou, non puidemos telo en directo... Faremos o posible por facer esa entrevista noutro momento. Namentres estivemos comentando o CD de ABÓBRIBA: "Non hai fallo" que nos acaba de chegar á Redacción e estivemos escoitando varias das súas interpretacións.
Continuamos o programa e conectamos con Galicia para falarmos con Javier Feijoo (XISCO), un grande Mestre-Profesor de danza e baile galego, que imparte clases na ETRAD de Vigo, e cóntanos algunhas das súas ultimas intervencións e tarefas relacionadas coa nosa tradición popular. Ten previsto darlle clases aos compoñentes do Grupo de Danza da Casa Galega de Hospitalet, esta fin de semana. Tamén nos informa da próxima intervención na "V Foliada da Fonsagrada" prevista para os días 6 e 7 de decembro próximos. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.

A ultima intervención é a de SABELA MANEIRO, unha das compoñentes do Grupo TANXUGUEIRAS, que nos fala da presentación do seu segundo CD que leva por título: CONTRAPUNTO, e do que escoitamos precisamente unha peza "Desposorio", para recibila. Unha conversa coa que coñecemos un bocadiño máis a estas grandes intérpretes da nosa música tradicional galega, e que a espallan por todo o mundo. ¡Moitas Grazas e Moitos Éxitos!!!
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Esperamos tervos ahí outra vez!