Despois das salutacións iniciais, conectamos con Galicia para falar con don MANEL MONTEAGUDO, un escritor galego afincado en Noia, que nos fala do seu ultimo traballo, un libro que leva por título: "Camiño a lagoa dos bardos" de máis de catrocentas páxinas todo el escrito en verso, e segundo el mesmo nos informa, adicado ás mulleres. Fainos un agasallo lendo un dos seus poemas. Desexámoslle moitos éxitos.


Seguimos debullando as diversas actuación no "Rubrifolkum 2020" e escoitamos outro bocadiño máis de música doutro dos participantes neste Festival.
Tamén nos volven a interpretar outra peza de "MoOom". Despois depedímonos deles desexando que teñan moitos éxitos e contamos poder voltar a telos connosco para disfrutar da súa creatividade musical, tanto de Ricard Ros como de Ciara e de Sebastián.
A continuación conectamos coa nosa correspondente en Becerreá, Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal relacionada con aquelas terras Ancaresas de Lugo.

Que teñan unha feliz semana. O vindeiro xoves máis. ¡¡Agardámosvos!!