jueves, 27 de noviembre de 2025

XOVES 27 de NOVEMBRO do 2025

Comezamos esta nova emisión coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado: XOSÉ CANOSA, Presidente da Asc.Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet". Saludámolo e enviámoslle as nosas condolencias polo recente pasamento de José Paredes, membro da Xunta Directiva. Condolencias que transmitimos á súa familia. Noutra orde de cousas aproveitamos para felicitalo porque acaban de concederlle o Premio Climent Mur. Tamén nos facemos eco, e felicitámolo, pola parte que lle toca, xa que tivo unha participación interesantísima o Grupo Airiños da Nosa Galicia no 5º Concurso de Conxuntos Instrumentais con Gaitas Galegas na cidade de Alicante, organizado polos os amigos de @c.galegoalicante. Outro dos actos a ter en conta é a "11ª Recollida e entrega de Mantas". Unha aportación solidaria importante. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con PABLO RIVERA BUA, Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial formada polos municipios de Chaves (PT) e Verín (ES) Eurocidade Chaves-Verín... Recibimos informacións diversas relacionadas con Chaves (en Portugal) e Verín (na Galiza). Publicacións e coordinacións de moito interese, que forman parte do devir diário desas localidades próximas e que teñen en común moitas afinidades que se poden realizar, tal e como el mesmo nos anima e convida a participar: O Termalismo e as augas medicinais en Verín e ao outro lado da Raia, o disfrute de aloxamentos extraordinarios e percorridos interesantísimos, os viños con Denominación de Orixe, tanto en Verin como en Tras Os Montes e a gastronomía de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

A seguinte participante é LORENA PINHEIRO, contadora de historias e pensatempos, como ela mesmo se define, pero que nesta ocasión temos que parabenizala pola escrita do libro que leva por título: "TAMEIGA: O AGROMAR DA MEMORIA". Aproveitamos tamén para recibir a participación de Alberto Canle e Cesar, Presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. Unha conversa moi interesante que poden escoitar no enlace que deixamos ao final desta descrición. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Conectamos novamente con Galicia para falar con SANTIAGO PIMENTEL, Presidente da Asociación Sociocultural SABUGUEIRO, de A Rúa Vella. Felicitámolo porque o día 27 de decembro celebrarán a "XXII Festa da EMPANADA de COSTRELAS". Convida a participar a tódolos nosos escoitantes, e poden adquirir os tiques via redes sociais. Aproveitamos para conversar uns minutiños sobre a desgrazas que padeceron este verán cos incendios terribles que asolaron a zona. Aínda hoxe non acaban de afacerse ao sucedido, porque todo o que rodea a localidade está completamente queimada. Grandes perdas e sucesos de moitísima tristura xa que algunhas aldeas foron pasto dos incendios. Ogallá se poidan recuperar e restaurar esas perdas. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que esa Festa sexa todo un éxito.

Despedimos o programa con música, ata o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 20 de noviembre de 2025

XOVES 20 de NOVEMBRO do 2025

Outra emisión máis, comezando coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, para recibir ao primeiro convidado. ANGEL MANUEL CASTRO, recepcionista, que foi, do Albergue "Bela Muxía". Parabenizámolo que ter acadado a súa xubilación e recibir o sábado pasado unha Homenaxe, por parte de moitísimas persoas amigas e tamén dos administradores do propio albergue. Coméntanos algunhas anécdotas entrañables e situacións moi especiais, que tivo a ocasión de vivir. A súa atención cara os clientes e peregrinos sempre foi moi ben recibida e sempre contou con moito agradecemento por parte das persoas as que tivo que atender, e a outras moitas que acompañou para que poideran disfrutaar do entorno, da natureza e do patrimonio cultural de Muxía e da súa gastronomía. Agradecémoslle a súa atención.


Conectamos novamente con Galicia para entrevistar a RUBÉN GUTIÉRREZ, que nos fala do seu proxecto musical "Peitoescuro". Precisamente escoitamos un seu primeiro tema "alvorada", para recibilo e coméntanos cómo foi a súa aposta e escolla para decidirse a establecerse nunha aldea de Quiroga e formar unha familia. Traballar e compoñer música. Agradecémoslle que nos faga partícipes desa grande creatividade musical, e adiántanos que pronto presentará un novo tema. Desexámoslle moitos éxitos e despedímolo cun segundo tema del: Metamorfose.


Recibimos a crónica do noso correspondente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, en Monforte de Lemos, encargado da sección: QUEN CHE PREGUNTOU?, no que podemos escoitar as tres sub-seccións tan enriquecedoras para nosoutros e para os nosos escoitantes e seguidores: O bule bulo, Que pasa que pasa na Ribeira Sacra e Sabedoría Popular. Sempre é un pracer poder recibir as súas aportacións ao programa.

Entrevistamos a DOMINGO BLANCO BLANCO, Filólogo, investigador, recopilador e co-autor, xunto con Carlos Nogueira, dun "Cancioneiro Galaico-Portugués" que se presentará próximamente no "Culturgal-2025 de Pontevedra". Fainos unha descrición moi completa e detallada de cómo se confecinou este libro, que editou a Deputación de A Coruña. Tamén nos agasalla coa lectura dalgúns traballos recollidos no libro, textos de grande similitude entre os que se cantaban en Galicia e casi idénticos os que se cantaban en Portugal e, que foron trasmitidos pola tradición oral. Parabenizámolo e desexámoslle moitos éxitos.

Despedimos o programa e desexamos que volvan a escoitarnos o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 13 de noviembre de 2025

XOVES 13 de NOVEMBRO do 2025

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións de costume e un bocadiño de música pra recibir ao primeiro convidado de hoxe: XAN LEIRA, Director cinematográfico e escritor, con quen mantemos unha conversa moi interesante, relacionada con algún dos seus documentais. Infórmanos do documental que ten publicado, traballo relacionado co setenta e cinco aniversario da emisión radiofónica do programa "Sempre en Galiza" que se emite en Montevideo, que se estrenará a semana próxima en Montevideo. Pódese consultar na súa páxina de Youtube. Tamén nos fala o documental que homenaxea a don Xesús Alonso Montero, que recentemente foi elixido "Fillo predilecto no Concello de Lugo". Outra información relacionada con Castelao, sobre a técnica da lineografía. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.


A continuación, escoitando a música de Donicelas Folk Tradicional, e aproveitamos para poñernos en contacto precisamente cunha das súas compoñentes: ROSA GONZÁLEZ. Infórmanos da súa traxectoria, dos compoñentes actuais, das distintas intervencións e certames nos que teñen participado, do benqueridas que se atopan na súa localidade de procedencia, Salceda de Caselas. Temos a honra de ser primicia, para os nosos escoitantes e simpatizantes, dunha noticia importante: Próximamente, o día 30 deste mes concretamente, presentarán o seu traballo CD, que seguro será un exitazo, alomenos así lle-lo desexamos. Despedímola coa súa música, e desexámoslles moitos éxitos.


Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí", que nos pon ao corrente das moitas actividades e eventos que levan realizado últimamente: Oncolliga, no mes de outubro; Magosto con castañas e panellets, o día un de novembro; "Danzas ou Bailes do Camiño",  con xantar de categoría, o día 8 de novembro pasado; próxima actuación, xunto con outras Entidades Galegas o día 22 de novembro, no Templo da Sagrada Familia de Barcelona. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Recibimos a SANTI VELOSO, do "Ponte Nas Ondas". Parabenizámolo pola próxima presentación do "Cancioneiro Galego-Portugués", escrito polos investigadores Domingo Blanco e Carlos Nogueira. O día 29 de novembro farase a presentación oficial no Culturgal de Pontevedra. Infórmanos que se pode descargar na páxina web da propia entidade "Ponte nas Ondas", que contén unha morea de recursos para empregar nas aulas e nos colexios. Tamén teñen coplas musicadas. Unha conversa chea de informacións moi interesantes. Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa.


Despedimos o programa e desexámoslle unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


jueves, 6 de noviembre de 2025

XOVES 06 NOVEMBRO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, nesta ocasión de Treixadura, para recibir á primeira convidada de hoxe: (Adela Clorinda Figueroa Panisse) CURRA FIGUEROA, bióloga, activista e escritora galega. Saudámola e felicitámola pola súa grande producción literaria. Mantemos unha conversa moi agradable, e danos a coñecer parte da súa creatividade, tanto no ámbito da poesía, como da narrativa e máis cousas interesantes que nos da a coñecer. Tamén nos comenta a obtención dalgúns Premios que ten recibido e aproveitamos para parabenizala. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A segunda intervención-entrevista, é con PEDRO PÉREZ, Director xerente do GRUPO DUPLEX, grande divulgador no ámbito da xoiería e moi relacionado con grandes diseñadores e empresas dese ramo. Parabenizámolo por ter recibido o ALECRIN 2025 da FeGalCat. A divulgación que fai no ámbito da xoiería e a súa implicación en moitos aspectos do mundo das exposicións así como a súa participación en grandes congresos, como o CIBJO-2025, fai que sempre esté ao día das novidades que se producen. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos a emisión conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da Sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa crónica está composta de tres sub-seccións que comezan cunha entradiña musical. Como colofón a súa colaboración sempre ten a participación gravada dunha personalidade que aporta a súa proposta de sabedoría popular. Sempre é unha honra poder disfrutar da súa colaboración.

Escoitamos outro bocadiño de música, que como fixemos dende o comezo, pertence a TREIXADURA, e poñémonos en contacto con TONIÑO LÓPEZ, desa Agrupación Musical concretamente, para amosarlle o noso agradecemnto pola súa participación de hoxe no programa e polo agasallo que nos fixo chegar, consistente nos CDs publicados por Treixadura. Tamén nos serve para agasallar a MARTA LÓPEZ, que veu a visitarnos aos estudios. Unha sorpresa moi agradable e que lle agradecemos moi encarecidamente. Fálanos dunha próxima publicación prevista para dentro en moi pouco e que seguro se presentará no Auditorio Abanca de Vigo a principios do ano 2026.
 

Seguimos escoitando música de TREIXADURA e falamos con MARTA LÓPEZ BAQUEIRO, Profesora galega en San Vicenç dels Horts, que nos da a coñecer a súa experiencia e adaptación na sociedade catalana. Confesounos Toño que ela, cando tiña poucos anos, díxo: eu quero vir a vivir a Cataluña. E conseguiuno. Mantemos unha conversa distendida, comentado cousas da gastronomía galega, da zona onde procede, concretamente da península do Morrazo, da pesca, do mar Atlántico... agradecémoslle que nos visitara e sentímonos moi agradecidos pola súa visita.
 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.