Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música. Conectamos con Galicia para falarmos con
MARÍA XOSÉ PORTEIRO, Periodista, política e Escritora de narrativa e ensaio, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, que ven de recoller, o día 6 de abril pasado, a Medalla do Parlamento, que lle entregaron xunto con outras mulleres, por seren diputadas na cuarta lexislatura autonómica para acudir como representantes de Galicia ao "IV Cumio da Muller en Beijing". Parabenizámola e celebramos esa concesión que pon en valor o traballo que segue a levar adiante na súa tarefa reivindicativa e na que lle desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
A segunda entrevista é ao escritor
RODRIGO COSTOYA, que ven de publicar e presentar en varias localidades, e moi concretamente no Hotel Literario Bela Fisterra o día 29 de marzo pasado. Edicións Pamies, a súa novela
"FILLOS DE GAEL", tamén en castelán. Fainos unha pequena descrición do seu contido e da traxectoria histórica relacionada cos Celtas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que teña moito éxito. Ten previsto continuar co seu "Tour Gael" por Galicia e moitas localidades da península así como tamén estará na Feira do Libro de Buenos Aires e rematará estas presentacións na Feira do Libro de Madrid no mes de maio. Desexámoslle que teña moito éxito.
A continuación recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, dende Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?
Seguimos a escoitar outro bocadiño de música e recibimos a ANTONIO DÍAZ FERNÁNDEZ, director da Revista Lua Nova, da A.C.G.Rosalía de Castro. Xa van editados nada menos que 65 números. A portada desta edición é un debuxo de Paco Ascón, que recolle a homenaxe á Muralla de Lugo, que está a cumplir 25 anos da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Nesta ocasión seguen a publicarse un resumo das actividades da Entidade, artigos relacionados coas Letras Galegas do ano pasado e artigos de socios e colaboradores. Felicitámolo pola excelente publicación e agradecémoslle a súa atención.
Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro xoves á mesma hora. Informamos da próxima actividade consistente nunha excursión prevista para este mes de abril, que xa indicaremos a data e o lugar. Damos a coñecer a próxima celebración da "Feira do Polbo" que se realizará o día 9 de maio, diante da Entidade. Tamén adiantamos información sobre as datas da Festa de Can Mercader, para os días 5, 6 e 7 de xuño.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.