Outra emisión máis deste noso programiña en galego. Esta semana non poderemos contar coa participación e asídua colaboración do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte), Xosé Manuel F.Montes, por mor de certas obrigas personais, pero tentaremos suplir a súa ausencia con otra alternativa interesante.

Aproveitamos para darlles a coñecer algunhas novidades musicais que nos chegam á Redacción e facemos algúns comentarios denantes dos sinais horarios.

A ultima entrevista é con don XOSÉ BOUSO, Presidente do Club Deportivo LUGO, ao que felicitamos e agradecémoslle que nos atenderá tan amablemente. Dirixe un equipo que acaba de ascender á Segunda División do Futbol Español. El mesmo nos indica que con tan pocos socios (aproximadamente una 3 mil) atrévense a traballar para manterse nesa categoría tan difícil e comprometida. Actualmente atópanse no posto 14 da taboa de clasificación, empatados a puntos con outros seis equipos e tamén participan na competición da Copa do Rei, que os enfrontará co R.C.Betis, de Sevilla. Despedímonos do Presidente desexándolles que sigan a colleitar moitos éxitos e que alomemos se manteñan nesa categoría.
A vindeira semana máis. ¡Agardámosvos a todos!