Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e conectando con Galicia, concretamente para falarmos con ARNAU, cociñeiro da Vivenda Rural "CASA ASSUMPTA", con quen mantemos unha conversa-entrevista moi esclarecedora. Fálanos das ofertas e posibilidades de aloxamento neste lugar de lecer e repouso, da gastronomía "diferente" da que poden disfrutar todos aqueles que desexen achegarse alí e da particularidade que ten o feito de que os seus propietarios son de procedencia catalana e eso confírelle un dato moi especial pola conxunción das dúas culturas gastronómicas que se poden degustar: a catalana e a galega, con productos de primeira calidade.
A segunda intervención-entrevista é co noso amigo e colaborador don XOSÉ LAMELA BAUTISTA, a quen lle agradecemos a súa amable atención e falamos do libro que acaba de publicar: A VIRXE DO XURÉS. Un traballo de varios anos de recopilación e investigación que ofrece a todos aqueles que o desexen; unha ofrenda altruísta cuxos ingresos van dirixidos á Asociación de amigos da Virxe do Xurés. Próximamente farase a presentación do libro na "Casa dos Poetas" de Celanova. Agradecémoslle a súa amable aportación. Tamén nos informa dun evento a realizar en Viladrau, en relación coas castañas...

O final do programa dedicámolo a conversar coa nosa amiga SES, María Xosé Silvar, a cantautora bergantiñana, que nos fala dos moitos concertos que fixo este verán e da próxima publicación do seu cuarto CD, que xa está a piques de saír, e do que nos promete que seremos primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. A súa aportación é unha lección máis de aprendizaxe para todos nós.
A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.