jueves, 22 de septiembre de 2016

XOVES 22 de setembro do 2016

Comezamos unha nova emisión conectando con don JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, para que nos informe da celebración prevista para esta fin de semana, relacionada coa Festividade da "Virgen de la Encina" que anualmente realiza esta Asociación de Bercianos en Cataluña. A noticia non é das máis alentadoras, xa que nos confirma a suspensión de dita celebración por mor das previsións climatolóxicas adversas que sucederán precisamente en Polinyà, lugar de celebración. Lamentamos esta triste noticia para todos, seguidores, bercianos, socios e simpatizantes. pero sí que nos congratulamos coas novas que nos adianta: "Xantar de convivencia o día 5 de Novembro" na sede da Asociación no Restaurante "Rincón de GALICIA" en Polinyà, e tamén da grande Festa do Botillo en Catalunya que se realizará, outra vez, no Hotel Front Air de Sant Boi o día 11 de Febreiro do vindeiro ano 2017. Xa poden ir apuntándose...
Agradecémoslle a súa aportación e colaboración.



A segunda intervención-conversa-entrevista é con don RICARDO RODICIO, Concelleiro de Cultura de A Proba do Brollón, que nos pon ao corrente da celebración que teñen previsto para esta fin de semana: "IIIª Encontro de Artes e Música"  As Cores do Outono, con todas actividades previstas e de moitas e interesantes propostas culturais que realizan nesta localidade da provincia de Lugo. Agradecémoslle a súa amable participación.



Na segunda hora, coma cada semana, conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da nosa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparada a súa escolla de noticias e interesantes aportacións, xunto coa "viñeta" que nos agasalla ao finalizar a súa intervención.



A última intervención-entrevista é con OSCAR IBÁÑEZ, un grande da música galega actual, gaiteiro, profesor e investigador. A conversa fáisenos cativa por mor do pouco tempo do que dispoñemos na emisión de hoxe, pero comprometémonos voltar a conectarnos con el para seguir tendo noticias súas e outros proxectos. ¡Moitas grazas, Oscar!


A vindeira semana voltaremos, para tentar facerlles agradables estas dúas horiñas de radio en galego.
¡Graciñas por escoitarnos e seguirnos! Non perdades a nosa sintonía. 

1 comentario:

  1. Actualización coa "viñeta" que nos enviou o noso colaborador Xosé Manuel F. Montes, dende Monforte de Lemos.

    ResponderEliminar