jueves, 30 de enero de 2014

XOVES, 30 de XANEIRO do 2014

Un día máis con vosoutros para ofrecervos este programiña de dúas horas de entretenimento con noticias, entrevistas e conversas interesantes.
Comezamos comunicándonos co Xerente da CASA GRANDE de "A FERVENZA", en O Corgo-Lugo. Fainos un percorrido, moi polo miúdo, do que é este lugar tan engaiolante, que pertence ao grupo de PAZOS de GALICIA. Unha Casa Grande Galega que se rehabilitou para ofrecer os servicios de Restauración e Aloxamento de alta cualidade. Despedímonos co desexo de voltar a conversar con eles en vindeiras datas.

Namentres agardamos a chegada da segunda parte deste noso programa (hoxe non podemos conectar coa Ribeira Sacra, xa que o noso correspondente ten certas obrigas personais que lle impiden poder dispoñer da súa aportación semanal), damos cumprida conta dalgunha información que chega á nosa Redacción.


Xa nesta segunda hora conectamos novamente con Galicia, para falarmos con Adrián, un dos componentes do Grupo musical GUEZOS, de Ourense. Unha conversa mixturada con algo da música que eles mesmo nos enviaron, e coa que deleitamos aos nosos oíntes. Agradecémoslle a súa desinteresada participación e prometémonos voltar a conectar con eles para cando publiquen as súas vindeiras creacións.

A ultima conversa-entrevista é co SR.MANUEL, Presidente da Asociación Cultural ANTARUXAS e SORTEIROS, de A Fonsagrada, quen nos pon ao corrente das moitas actividades que realizan, e comentamos con el varias cuestións de interese relacionadas con esta Asociación Cultural de A Fonsagrada. Concordamos en voltar a conectar con eles para que nos fagan partícipes da vinideira publicación dun CD, que están a preparar, así como do significado do seu propio nome: Antaruxas e Sorteiros.

A vindeira semana máis, e se é posible mellor... ... ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario