jueves, 29 de enero de 2015

29 de XANEIRO do 2015

Un programa máis, enchendo estas dúas horas, de radio en galego. Nesta ocasión chamamos, en primero lugar, a XOAQUIN XESTEIRA, de "TREIXADURA" co que mantemos unha conversa engaiolante, con motivo da presentación do seu último CD, que leva por título: "VENDIMA TARDA", e aproveitamos a ocasión para irmos escoitando algunhas das súas interpretacións musicais. Un privilexio para nos, e unha conversa chea de engado. Agradecémoslle, a Xoaquín, a súa amable atención e aportación ao noso programa.


A segunda intervención-conversa é con XANECO, do Grupo musical galego "OS MINHOTOS", que nos fala do seu último CD, que leva por título "PINGA D'AUGA", e do que aproveitamos para irmos escoitando un chisco de música mentres falamos con el.


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para falarmos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección "QUEN CHE PREGUNTOU?" e que sempre ten preparada a súa intervención comentando algunha noticia galega con certa interpretación retranqueira.


Antes de rematar, falamos con ALFONSO BECERRA, dramaturgo nado en Becerreá, que nos pon ao corrente da recente publicación-presentación do seu libro "Textículos" que nos explica, polo miúdo, en qué consiste esta publicación e tamén nos da unha pequena clase teatral coa súa mestría profesional. Agradecémosllelo e prometemos voltar a chamalo para que nos siga a ilustrar coa súa aportación e participación desinteresada. 


A vindeira semana voltaremos aquí. Á mesma hora e con máis música. Seguide sintonizándonos. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario