jueves, 8 de enero de 2015

8 de XANEIRO do 2015

PRIMEIRO PROGRAMA DO 2015

Comezamos dándolles a ben-vida e felicitando o aninovo a tódolos nosos oíntes e seguidores. A proposta de hoxe encetámola coa entrevista-conversa con CARMEN PICHEL, unha "costureira" de Boqueixón, grande Modista Diseñadora e Creadora de Alta Gama. Unha honra e un pracer poder falar con ela. A súa amable atención serve para podermos aprender algo máis dela e gabarnos de ter o privilexio de poder falar cunha das máis grandes Creadoras galegas de Moda. Agradecémosllelo e prometémonos volver a comunicarnos con ela para que nos informe das súas novidades.


Aproveitamos estes minutiños para facernos eco dunha noticia luctuosa que vimos de recibir na nosa Redacción, o falecemento da SRA. CARMEN, cantadora do Grupo MALVELA, e como humilde homenaxe ofrecémoslles escoitar dúas pezas de música interpretadas por ela, pertenecientes ao seu disco persoal: Na flor dos meus anos. Deixounos a súa presencia, pero manteremos siempre viva a súa aportación musical e interpretación tan viva, a pesares dos seus anos. ¡Que a terra lle sea leve!


Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente coa RIBEIRA SACRA, para o apartado QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que sempre ten preparadas unha escolleita de novidades e propostas moi interesantes.


Depois falamos con NONITO PEREIRA REVUELTA, un grande musicólogo, xa retirado, con quen mantemos unha conversa moi agradable lembrando os comezos da musicoloxía galega dos anos 70 e 90 do século pasado... Seguro que voltaremos a chamalo para que nos teña ao corrente das moitas cousas que viviu e que nos servirán para aprender algo máis sobre a nosa cultura musical galega e das suas andanzas musicais daquela época.


A videira semana máis. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario