jueves, 26 de febrero de 2015

XOVES 26 de FEBREIRO do 2015

Unha semaniña máis tentando levar adiante este programiña en lingua galega. Comezamos coa chamada a Galicia para falarmos con MARTA DACOSTA ALONSO, profesora e poeta, coa que mantemos unha conversa moi agradable e agasállanos coa declamación dunha das súas composición poéticas: MALPOCADA. Agradecémosllelo e prometémonos volver a conectar con ela.


Escoitamos outra peza musical de "Os Minhotos", que nos acaban de enviar o seu CD. A seguinte conversa é con XOAN L. FUERTES SAAVEDRA, un dos compoñentes de FUXAN OS VENTOS. Mentres escoitamos unha peza musicada por eles, imos falando da nova "reentré" deste Grupo de música tradicional galega que volven polos seus fueros e seguro que nos teñen prepradas moitas e agradables sorpresas...


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, para falarmos con noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU? e que nos informa das noticias galegas escollidas por el.


No final desta emsión escoitamos varias pezas musicais e aportamos o noso "grauciño" ao día de Rosalía, coa lectura dun poema desta nosa autora galega, tan apreciada. Tamén lle dedicamos algunha peza musical aos nosos oíntes e seguidores.


A vindeira semana prometemos volver, con máis cousas galegas. Non diexen de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario