sábado, 28 de noviembre de 2015

XOVES 26 de NOVEMBRO do 2015

Encetamos o programa escoitando unha peza de música galega e deseguida comentamos a "Gala de recollida de Alimentos en MONTIGALÁ", organizada pola Asociación C.G.Agarimos de Badalona, e que estivo presentada por Armando Fernández. 



A primeira comunicación con Galicia é para falarmos con BELEN XESTAL, presentadora, locutora na Radio Galega, Actriz... ... que nos recibe moi amablemente e mantemos con ela unha Entrevista moi interesante e amena, na que nos dá a coñecer algunhas cousas do seu bon facer e da vindeira "1ª GALA-XANTAR de GALICIAME" en Cambados, que será presentada por ela e por Armando. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e prometémonos voltar a falar con ela.



Na segunda hora, coma cada semana, dámoslle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), don Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos pon ao corrente dalgunhas cousas interesantes relacionadas co noso idioma, e remata coa súa aportación retranqueira verbal e co debuxo semanal relacionado coa charla que mantivemos na conexión, e que aproveitamos para "colgar" no noso blog.



A ultima Entrevista é con CARMEN PENIN de "2 Na FRONTEIRA", á que felicitamos polos éxitos que está acadando co seu CD "Son de NÓS". Tamén participará na GALA-Xantar de Galiciame o día 5 de decembro vindeiro, xunto cunha morea de artistas. Despedimola escoitando un dos temas dese disco que comentamos.


A vindeira semana máis. Non faltedes á nosa cita de 16 a 18 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario